Os socialistas de Pontecesures presentan o seu novo Blog
Dende esta blog que podemos atopar na seguinte dirección: http://socialistaspontecesures.blogspot.com, é un espacio aberto á colaboración e unha forma de comunicar de forma efectiva con todos os veciños e simpatizantes do PSdeG de Pontecesures.
Dende Pontecesures.net, desexámoslles un prospero futuro no participativo e vivo mundo de Internet.
Cambios en Pontecesures.net
Na actualidade temos xa, en pontecesures.net, 8.280 Entradas, cun total de 11.320 Comentarios.
Para poder organizar a percura de información dentro da web acabamos de activar un novo sistema de “auto etiquetado” polo que, á hora de amosar as entradas, aparecen agora ligazóns sobre diferentes termos, que nos permite ver todo o publicado con ese termo ou palabra clave.
? unha forma moi útil (ainda en probas) de atopar información relativa á entrada que estamos a ver.
Só é unha forma de manter fresca e con facilidade de acceso todo o contido aquí dispoñible.