Hoxe, Dominigo 6 de Xullo, ás 19:30 horas, no Auditorio de Valga, haberá unha mostra de traballos da Escola de Teatro do Concello de Valga. Intervirán o grupo de nenos, mozos e adultos.
A entrada é gratuita.
Hoxe, Dominigo 6 de Xullo, ás 19:30 horas, no Auditorio de Valga, haberá unha mostra de traballos da Escola de Teatro do Concello de Valga. Intervirán o grupo de nenos, mozos e adultos.
A entrada é gratuita.
En poucos días celebrarase a 44 edición da romaría enxebre do Santiaguiño do Monte que se celebrará durante os vindeiros 24, 25 e 26 de Xullo. O deseño do cartel das festas tomouse dun óleo do pintor madrileño afincado no Bierzo Celedonio Guijorro, no que se representan dous gaiteiros e que cedeu desinteresadamente para tal evento.
O día 24 terá lugar a 39 edición do tradicional derbi asnal polas rúas da Vila, con importantes premios en metálico para os participantes. Pola noite grupos de gaiteiros e charangas animarán ata altas horas da madrugada as rúas e prazas da Vila.
O venres día 25 de xullo, día grande das festas, mesturaranse os actos festivos cos relixiosos do culto a Zebedeo, o fillo do Trono, este ano recuperarse as orixes da romaría, converténdose a xornada nunha exaltación do folclóre con concurso de gaiteiros solistas e concurso por parellas de baile galego, con premios importantes para os participantes, concursos organizados polas agrupacións folclóricas O Pedrón e Rosalía de Castro en colaboración cas concellerías de Festexos e Cultura do Excmo. Concello de Padrón.
Pola noite a partires das 23: 00 horas na Praza de Macías terá lugar a Noite folk ca actuación gratuíta dos grupos: Pradairo, Leilía, Festicultores e Grupo de Regueifeiros..
O sábado 26 terá lugar a partires das 22: 30 horas a actuación de Carmen Dor na Praza de Macías.
O Concello de Padrón, a traverso das Concellerías de Festexos e Cultura, fai unha invitación pública a participar nas festas do Santiaguiño co compromiso de recuperación das nosas costumes, tradicións e folclore.
O VII Festival Retrouso celebrarase o sábado, 12 de xullo, no eirado de Cela (Bueu)
A Asociación Cultural Retrouso presenta en sociedade o proxecto do seu VII Festival Retrouso, que se celebrará no eirado de Cela (Bueu) o sábado, 12 de xullo de 2008. Seguindo a experiencia dos dous últimos anos, nos que combinou a celebración do festival coa organización dunha xornada de xogos en Chans (Chanscontro), Retrouso vai encher o día do festival de actividades:
p(subtitular). *Festival fin de curso “Xesús Ferro Couselo”*
p(leyenda). Xoves, 19 de xuño ás 17:00
p(sangrado). Participan todos os nenos do colexio máis as súas familias.
Exposición da memoria e maqueta coa que gañaron o Premio da provincia de Pontevedra en “Voz Natura”.
p(subtitular). *Festival Verán:* “Escenas de Matrimonio” (Grupo de Teatro do Concello de Valga) “Playbacks”
p(leyenda). Domingo, 22 de xuño ás 19:30
p(sangrado). Actuación do grupo musical “Los tres latinos”
p(subtitular). *Foro Inter C.R.A. de Galicia*
p(leyenda). Xoves, 26 de xuño de 10:00 a 14:30
p(sangrado). Asamblea de docentes dos colexios rurais de toda Galicia.
p(subtitular). *Clausura de actividades Outono-Inverno no Auditorio*
p(leyenda). Venres 27 de xuño ás 20:00
p(sangrado). Entrega de diplomas e concerto a cargo dos alumnos do Conservatorio de Música de Pontevedra.
O vindeiro sábado 12 de Xullo celebraráse o primeiro taller de montaxe de señuelos “Santiaguiño do Monte” na rúa Herreros (en fronte de “As tres portas”).

No taller intervirán:
* Luis Piñeiro
* Jorge R. Maderal
* Julio Seijas
* Francisco Porto
* Rafa Vázquez
* Eduardo Fontenla
* Xose L. Muiños
* Paco Redondo
* Oscar Gayoso
* José M. Socastro
* Miguel Seoane
Mapa de localización:
Aos 50 anos do pasamento dun dos máis grandes pintores galegos, do que hai un museo en Sada por iniciativa de Díaz Pardo, non hai convocado ningún acto nin exposición.
MAR MATO. A CORU?A. Non hai convocados nin actos, nin exposicións para honrar ao excelso pintor Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958). Hoxe, cúmprense 50 anos do seu pasamento e a pesar de ser un dos máis grandes pintores da nosa historia, mercar un libro sobre a súa obra non é doado. Nunha ollada a varias librerías, non se atopa nada. Mesmo, unha dependenta responde: “¿Carlos Maside? No, no tenemos nada. ¿Gallego, no?”.
Carlos Maside prosegue o seu exilio. Non é a primeira vez. Trala Guerra Civil, negouse a emigrar a pesar do seu pasado republicano de esquerdas. Despois, evitou como puido que o “pasearan” para autoobrigarse a non mostrar a sua obra. Agora, é a propia terra que tanto quixo quen parece esquecelo.
A súa figura segue á espera dunha fundación, na mente dos seus herdeiros e de varios amigos como Isaac Díaz Pardo. Centros como o Museo Carlos Maside, – no Castro, en Sada – ou o Museo de Castrelos expoñen os seus cadros mentres obras publicadas noutrora lembran a súa magnificencia. En 1954, Ricardo García Suárez (Xoán Ledo) recollía nun libriño conxunto con Álvaro Cunqueiro: A pintura de Maside é parte do advento da pintura galega. Colmeiro, Laxeiro, Maside, o triunvirato amigo.
Maside gañou unha praza de mestre de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo, da que foi destituido no 1937, en plena guerra, acusado de ser amigo de Laureano Santiso Girón, avogado compostelano e masón. Co consentimento deste, no xuízo, Maside declara non coñecelo de nada, cando eran íntimos amigos.
A pesar da mentira, quedou sen praza. “A postguerra foi complicada e pasouno moi mal”, reflexiona o seu sobriño Xulio Maside que morou con el en Compostela durante anos. Ás penurias do pintor (que chegou a pintar cadros a cambio de comida no restaurante Mosquito), sumábase a saúde delicada por mor da diabete e mesmo conta Xulio que foi a doenza a que motivou que non quixese casar co amor da súa vida, Maruxa Vázquez, para non lle dar traballo coidándoo. Tanto antes da guerra como despois, Maside relacionouse cos intelectuais e persoeiros da época: Otero Pedrayo, Castelao, Fernández Grassi, Ricardo García Suárez (Xoan Ledo), Fernández del Riego, Valentín Paz Andrade, Xaime Illa Couto, as familias Massó (para quen deseñou etiquetas para as conservas) e Álvarez Blázquez.
Precisamente, adoitaba pasar con esta última os días de verán na casa que alugaban na praia da Foz xunto ao Lagares onde o neno Darío Álvarez Blázquez (pintor e médico xubilado agora) tiña a arela de ser coma el. “Para min, foi un dos bos e xenerosos, un bo de corazón que non tiña nin un chisco de envexa para seus compañeiros de profesión. Nunca se deixaba vencer polo diñeiro. Era prudente, modesto”, defende Darío Álvarez.
Este último lembra como Maside, “a pesar de ser tranquilo, era moi visceral ás veces cando defendía unha tese, entón petaba cos dedos indice e medio da man dereita na mesa con forza e facía saltar as xerras, as culleres… Todo o mundo quedaba abraiado”.
Coinciden Darío Álvarez e Xulio Maside que Carlos Maside non era para nada bohemio, ben polo seu carácter, ben pola súa doenza. A poeta María do Carme Kruckenbergrelata como “un día ía con Laxeiro para o café Derby (na praza de Colón) pola rúa do Príncipe e atopámonos con el, presentoumo e foi encantador. Deume moita pena cando marchou para Santiago”.
:: La Opinión de A Coruña ::