As Torres gana la Liga Nacional tras ser subcampeón de España infantil

kayakAs Torres de Catoira volvió a hacer historia para el piragüismo arousano tras proclamarse por quinta vez consecutiva campeón de la Liga Nacional Hernado Calleja, que cumplió su sexta edición. Los catoirenses lograron este hito tras proclamarse subcampeones de España de Promoción.

Sólo el Breogán de O Grove puede presumir de ser el único equipo que ha podido con la supremacía de los catoirenses, aunque el triunfo de los mecos se produjo en la primera edición de esta competición.

(máis…)

Unha grua provoca a caida do cruceiro de Porto

100_2516-web.JPG
 Así estaba onte

Na tarde de hoxe, a grúa do orquestra Olympus golpeou o cruceiro de Porto provocando a caida da parte superior deste.

Por sorte neses intres non había ninguén baixo este e non se ocasionaron danos persoais, xa que na base do cruceiro sempre hai xente sentada. A parte desprendida parteu en tres partes de grande peso que necesitaron de cadansúa carretilla para sacalo da zona do incidente e gardalo para ver o futuro amaño deste cruceiro que non presidirá, como sempre fixo, a última noite de festa das Festas de San Roque de Porto do ano 2007.

24082007054.jpg

24082007055.jpg

Queixa: Horarios de verán da Biblioteca Municipal

Un veciño mandou fai uns días un correo electrónico a redaccion@pontecesures.net comentando os problemas que existen á hora de acceder á Biblioteca Pública para estudar e preparar os exames de setembro, xa que dende o 22 de xullo só abre polas mañás.

Esto implica que varios veciños fagan uso da biblioteca de Padrón e outros servizos ante o cambio do horario habitual da nosa biblioteca. Este estudante, plantexaba no seu correo electrónico:

“o e que no vran sei que se reforzan outros servicios publicos como o de policia local ou asi, e o da biblioteca… pois solo seria unha persoa ainda que fora a media xornada, que catro horiñas de biblioteca pola tarde si que prestaban.”

Nacho anuncia a súa retirada do Basket

Logo de dezasete anos xogando e defendendo as cores do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures, Nacho, sen dúbida o mellor pivot que xogou no equipo de Fruki, anunciou a súa retirada definitiva o pasado domingo. Segundo manifestou, deixa o baloncesto por motivos laborais e persoais. Xa lle foi complicado xogar e entrenar con frecuncia a pasada tempada, pero sempre que podía estaba apoiando os seus compañeiros e amigos. Cando Jhon Pino anunciou o seu retorno ao C.B Pontecesures, Nacho, vendo que o posto de pivot quedaba ben cuberto por Pino e Arturo, decidiu “colga-la” camiseta.

tres-destrosados.jpg

Nacho da a alterniva a Jhon Pino

Agora, unha vez confirmado por él mesmo a súa retirada, e logo de defender, xogar, e sentar cátedra como xogador e sobre todo, como persoa, se merecería unha sentida e emocionada homenaxe. De momento, e a pesar de que antes de ser oficial, Fruki xa o sabía persoalmente por Nacho, non se sabe nada, nin se escoita nada de homenaxes por parte da xunta directiva do clube, comandada polo eterno Fruki. Esperemos que Fruki esta vez ande rapido e se encomende a facer canto antes unha homenaxe merecidísima a un xogador que xogou en Cesures por non deixar “tirados” os seus amigos de sempre, a pesar de que tiña calidade para xogar nunha liga superior.

Dentro dun mes comeza a pretempada do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures. Esperemos que Rodriguez Fructuoso e a súa directiva preparen algún partido no que Nacho se poida despedir dos seus amigos de equipo e dos seus amigos de grada de sempre. Pero iso xa non depende de nos.

Dende aquí, *Gracias Nacho*.