as traballadoras da EIM (Gardería)
Ola. Gustaríame poder facer unha aclaración co tema que se está a divulgar na páxina de Pontecesures referente as traballadoras da EIM
A continuación vou poñer o que me pediron que publicara:
AS TRABALLADORAS DA GARDERIA AFIRMAN E DESMINTEN que:
En ningún momento nin o Sr. Sabariz, nin outros membros da oposición puxéronse en contacto con elas para saber do problema que están a sufrir, o único que se achegou ata diante da gardería foi o representante do PP cesureño para facer unha foto a pancarta que agora está a circular polos medios de comunicación.
Tamén queren aclarar que os que son agora oposición xa sabían dos problemas e non fixeron nada o contrario do actual goberno.
Piden a Sabariz enérxicamente que non as utilice de moeda de cambio nos seus intereses políticos xa que cando pudo non fixo.
Queren aclarar tamén que o único que fixeron foi poñer unha pancarta no exterior das instalacións, pero que en ningún momento deron información do que estaba acontecendo.Dende o momento que o Sr. Sabariz decideu sin saber e sin preguntar divulgar o tema, algunhas das traballadoras están a sufrir presions e desprecios que non teñen porque.
O único que piden as traballadoras e poder traballar dignamente.
Espero que se poida poñer esta nota para axudar de algunha maneira a aplacar toda esta furia que se está a desatar.
Un Saudo