O Domingo 5 de Outubro a partir das 18.00 horas terá lugar a festa XV Aniversario das mulleres ruráis «Albor» de Valga no auditorio municipal de Valga.
Exporánse os traballos realizados pola asociación o longo de 15 anos nos distintos obradoiros: pintura, labores, manualidades, coiro…
Farase a presentación das próximas actividades:
– Taichi: tódolos Luns de 17.30 a 19.00 no auditorio.
– Labores: tódolos Mércores de 16.30 a 18.30 no Centro Social de Campaña.
– Manualidades: Xoves de 16.30 a 18.30 no local da asociación en Baño.
– Pintura: Sábados de 17.30 a 19.30 no local da asociación en Baño.
– Obradoiro de Traxes rexionais para bonecas: aberto o prazo de inscripción.
– Tempos de Mulleres: programa que pretende formar ás mulleres dun xeito ameno e divertido a través da participación dinámica. Xoves de 16.30 a 18.30 no Auditorio.
– Excursións, charlas e confraternización con otras asociacións.
A xornada rematará cun baile amenizado por un grupo de Vilanova «Los Tres Latinos» e as pandereteiras do concello.
Tódalas mulleres do concello están convidadas a esta festa aniversario e poden traer ás súas parellas.
A entrada e gratuita.
Un saúdo.
Begoña Piñeiro Busto
Auditorio Municipal Valga