ESCRUTINIO DO CONCURSO II TAPA DA MATANZA 2018 CÓS ESTABLECEMENTOS ELIXIDOS POLO PÚBLICO, ASI COMA O GAÑADOR DA CESTA DE NADAL.

 
O establecemento favorito do público foi A Casa Do Rio con 22 votos, os locais SALON TE SOLES Fruteria e a Cafeteria NU-2 tiveron 9 votos cada un, polo que van compartir o 2º premio. Estes 3 establecementos do concello de Concello de Pontecesures recibirán nos próximos días seus respectivos diplomas acreditativos.
Posteriormente unha veciña de Pontecesures foi a encargada de sacar da urna a papeleta que gañaría a Cesta de Nadal sorteada entre os/as participantes. Saliu elixido gañador Roque Araujo Rey, que recollerá proximamente seu premio.
Publicamos a acata e unhas fotos do sorteo.
Moitas grazas a todos/as os participantes, e ós 10 locais hostaleiros do concello por teres montado esta riquisima Ruta Gastronómica.

MAÑÁ MERCORES AS 12 H. DO MEDIODIA COÑECEREMOS AS TAPAS GAÑADORAS DA II RUTA DE TAPAS DE MATANZA 2018, E O GAÑADOR DA CESTA QUE SE RIFA

Mañá mércores, ás 12 do mediodia, no salón de plenos do concello farase o reconto entre todas as papeletas concursantes para coñecer o nome das tapas gañadoras desta edición, e distinguir posteriormente ós establecementos que as elaboraron.

Tamén nese mesmo acto faremos o sorteo dunha cesta entre todas aquelas persoas que depositaran as suas papeletas nas caixas existentes nos bares participantes no concurso.

Recalcar que este acto é público, polo que se invita á veciñanza a pasarse polo mesmo.