PRESTACI?N ECON?MICA DE PAGO ?NICO POR FILLA/O A CARGO MENOR DE 3 ANOS.

Infórmase á veciñanza que a Consellería de Política Social, abre o prazo de presentación de solicitudes da Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2018.

Prazo de solicitude dende o 1 de febreiro ata o 21 de marzo.

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e martes e venres de 9 a 14 horas (TEL. 986 564 409, e-mail: ssociais@pontecesures.org).

BANDO PPUFC 2018

BASES COMPLETAS NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA (31/01/2018)

 

ENTROIDO 2018 EN PONTECESURES.

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o Domingo 11 de febreiro de 2018.

A partir das 17 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. O Desfile de Entroido, pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

As inscricións de grupos e comparsas poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 09 de febreiro nas Oficinas do Concello. Tamén poderán  formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso para individuais e parellas, das 16 h. ata as 17.15 h. A partir das 17.15 h. péchase o prazo de inscrición.

En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido quedará suspendido.

BASES ENTROIDO 2018 PONTECESURES

INSCRICI?N ENTROIDO 2018 PONTECESURES