ESTE VENRES REMATA A 1ª QUENDA DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE PONTECESURES.
A temática desta quincena foi “VITAMINA: ?NDE ESTÁS?”, realizando diversas actividades: Obradoiro de reciclaxe, contrato de compromiso coa natureza, xogos cooperativos, creación da mascota do campamento ” o pulpo Frodo…”, etc. O vindeiro luns 17 de xullo comeza a 2ª das 4 quendas nas que están divididos estes campamentos. Calquera que queira inscribirse poderá facelo pois quedan prazas dispoñibles. Mais información na web do concello de pontecesures, no seguinte enlace: http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=1065
A XUNTA VEN DE CONVOCAR AXUDAS PARA RENOVAR AS FACHADAS E TELLADOS DAS VIVENDAS
No DOG de onte xoves publicaronse 3 Ordes polos que a Xunta subvenciona:
- A rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes.
- A renovación de fachadas e cubertas de lousa.
- A renovación de cubertas con tella cerámica.
REQUISITOS E DOCUMENTACI?N A APORTAR: ver a convocatoria.
PRAZO DE REMATE PARA SOLICITAR AS AXUDAS: 06-10-2017, ou cando se esgoten os fondos asignados para estas axudas.
CONSULTA DAS BASES: http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html
ESTE SÁBADO, NO PARQUE DE CARREIRAS TEMOS O 1º DOS CONCERTOS A CARGO DOS M?SICOS DA ESCOLA DE VALGA
Este sábado comeza o ciclo de concertos protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), quenes farán un total de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures, 2 en xullo e 2 en agosto. O cartel das 2 actuacións deste mes é o seguinte. Podedes velos, e escoitalos, este sábado día 8, a partir das 20 h. no parque infantil de Carreiras. Decir por último que o horario das 4 actuacións será sempre as 20 h, e que estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

DISTANCIAS MÍNIMAS DAS REPOBOACI?NS FORESTAIS DA LEI DE MONTES DE GALICIA PARA A PREVENCI?N DE INCENDIOS.
Información aos veciños/as das distancias mínimas das repoboacións forestais contempladas no Anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xullo, de Montes de Galicia.








