OBRADOIRO ??O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR? EN PONTECESURES.

unidad-profesor-2014.indd

??O Sabor da Aventura está no mar? é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar a cal se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Esta campaña pretende achegar aos nenos e nenas da nosa comunidade toda esta información e ampliarlles os seus coñecementos acerca dos produtos do mar, afondar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.

Para chegar aos nenos/as deseñouse un obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. O obradoiro contempla a realización dunha obra de teatro, actividades lúdicas, reparto de agasallos e diplomas.

Para participar nesta actividade, que terá lugar o venres 31 de xullo ás 11.00 da mañá na Plazuela,  os nenos e nenas deben cumplimentar a ficha de inscrición nas oficinas do Concello de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures distribúe unha guía destinada a peregrinos.

guia peregrinos

Son moitos os peregrinos que diariamente pasan por Pontecesures percorrendo o Camiño Portugués cara a Santiago. E moitos deles precisan de servizos como a biblioteca, oficina de correos, protección civil entre outros.

O Concello de Pontecesures, atendendo a esta demanda, ven de realizar unha guía básica de servizos, que se distribuirá no propio albergue de peregrinos, así como en establecementos hostaleiros.

En breve, e atendendo os datos recabados no rexistro municipal de empresas, realizarase unha guía de establecementos hostaleiros.

Estas accións promocionais complementaranse coa instalación de tres paneis informativos situados no propio percorrido do Camiño Portugués ao seu paso por Pontecesures.

Enlace para descarga desta guía:

http://www.pontecesures.org/datos/guia_peregrinos.pdf

 

 

O ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO ??UP 2 DOWN? ESTARÁ O SÁBADO 18 DE XULLO EN PONTECESURES.

CARTEL_UPDOWNweb

A Compañía Pistacatro Productora de Soños trae este sábado 18 de xullo o seu espectáculo ??UP 2 DOWN? a Pontecesures, ás 21.00 horas na Plazuela.

Up 2 Down é un espectáculo, dirixido a tódolos públicos, de danza-circo de dúas bailarinas sobre dous cables de funambulismo.

Esta actuación enmarcase no Programa Cultura no Camiño confinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures.


SELECCI?N DA BRIGADA MUNICIPAL DE INCENDIOS 2015 DO CONCELLO DE PONTECESURES.

No día de onte realizouse a selección para a contratación da brigada municipal de indencios para o verán 2015 do Concello de Pontecesures. A acta de selección cos aspirantes que se van a contratar pódese consultar na web municipal www.pontecesures.org no banner de contratación de persoal. No seguinte enlace directo accedese a esta banner:

http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=50&sec=7

 

 

REXISTRO MUNICIPAL DE EMPRESAS E COMERCIANTES DE PONTECESURES.

O Concello de Pontecesures informa da apertura do rexistro de empresas e comercios de Pontecesures.

Desde o Concello estase a traballar na creación dun directorio de empresas, onde se lles proporcionará un espazo gratuíto para publicitar o seu negocio. Todos os comercios, empresas e autónomos do Concello que queiran aparecer na páxina web municipal, poden cumplimentar o formulario cos seus datos que atoparán nas oficinas municipais ou na propia páxina web.

A través deste formulario, empresas, comercios e autónomos de Pontecesures poderán facilitar os datos básicos e a información comercial da súa empresa ou actividade. Dita información quedará rexistrada para a súa consulta na páxina web municipal, www.pontecesures.org e no arquivo de comercios e empresas do propio Concello. A súa vez, a realización deste directorio permitirá remitir a todos os establecementos adscritos información puntual e actualizada sobre axudas, subvencións, cursos ou eventos que poidan ser do seu interese.

No seguinte enlace descargase o formulario para o rexistro municipal de empresas e comerciantes:

http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=99&sec=16