Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Medio ambiente

OBRADOIRO â??O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MARâ?� EN PONTECESURES.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

unidad-profesor-2014.indd

â??O Sabor da Aventura está no marâ?� é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar a cal se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Esta campaña pretende achegar aos nenos e nenas da nosa comunidade toda esta información e ampliarlles os seus coñecementos acerca dos produtos do mar, afondar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.

Para chegar aos nenos/as deseñouse un obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. O obradoiro contempla a realización dunha obra de teatro, actividades lúdicas, reparto de agasallos e diplomas.

Para participar nesta actividade, que terá lugar o venres 31 de xullo ás 11.00 da mañá na Plazuela,  os nenos e nenas deben cumplimentar a ficha de inscrición nas oficinas do Concello de Pontecesures.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.