Exposición pública da solicitude de ampliación de terreos do Tecor San Huberto de Valga.

A Presidencia do ??TECOR SAN HUBERTO? (con matrícula PO-10.082) do veciño Concello de Valga, ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras unha ampliación de terreos nos concellos de Padrón e Pontecesures, afectando ao Concello de Pontecesures en 78 hectáreas de terreos particulares da zona de Grobas-Fenteira.

Os veciños e veciñas interesados/as poderán consultar nas oficinas deste concello información gráfica (planos e/ou mapas) onde localizar os terreos afectados por esta ampliación.

O prazo de exposición pública deste expediente é do 22 de xuño ata o 22 de xullo. Durante este prazo poderáse consultar este expediente de ampliación asi como formular as alegacións que se estimen oportunas no SERVIZO DE CONSERVACI?N DA NATUREZA en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43 ?? 2º) dependente da Consellería de Medio Ambiente.

CURSO DE APLICACI?N DE T?CNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS EN PONTECESURES.

activate 2015

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2015 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de APLICACI?N DE T?CNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS. O curso desenvolveráse nos meses de setembro e outubro de 2015 na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive) (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures e tamén as que non cumpran o requisito da idade).

 Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 2 de xuño ata o 25 de agosto.

Descarga do formulario de solicitude no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=751