Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Exposición pública da solicitude de ampliación de terreos do Tecor San Huberto de Valga.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

A Presidencia do â??TECOR SAN HUBERTOâ?� (con matrícula PO-10.082) do veciño Concello de Valga, ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras unha ampliación de terreos nos concellos de Padrón e Pontecesures, afectando ao Concello de Pontecesures en 78 hectáreas de terreos particulares da zona de Grobas-Fenteira.

Os veciños e veciñas interesados/as poderán consultar nas oficinas deste concello información gráfica (planos e/ou mapas) onde localizar os terreos afectados por esta ampliación.

O prazo de exposición pública deste expediente é do 22 de xuño ata o 22 de xullo. Durante este prazo poderáse consultar este expediente de ampliación asi como formular as alegacións que se estimen oportunas no SERVIZO DE CONSERVACIÃ?N DA NATUREZA en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43 â?? 2º) dependente da Consellería de Medio Ambiente.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.