CONVOCATORIA DO CONCELLO DE PONTECESURES: XUNTANZA INFORMATIVA AOS VECI?OS SOBRE A VARIANTE DA N.550

Alternativa fot1

 

Convocase a todos os veciños/as a unha reunión informativa que terá lugar na Casa do Concello o vindeiro xoves día 22 do actual mes de xaneiro, ás 20,30 horas, en relación co Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre Resolución do Ministerio de Fomento de APROBACI?N PROVISIONAL DO ESTUDO INFORMATIVO: ??CN-550. Variante de Padrón, Pontecesures y Valga. Clave EI2-PO-0023. Provincias de Pontevedra y A Coruña? (publicado no BOE de data 30/12/2014), onde o Ministerio recomenda e selecciona a denominada ??Alternativa 4?.

Esta alternativaxa foi rexeitada de forma unánime por todos os grupos políticos que compoñen o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o pasado 9 de xaneiro de 2015, pois prexudicaría gravemente aos veciños/as e ao pobo en xeral.

Informarase sobre a situación actual e sobre as outras alternativas que propón o concello.

Na devandita reunión estará presente unha letrada e un técnico para explicar e clarexar as cuestións xurídicas e técnicas que se formulen.

Ademais facilitarase aos que así o soliciten, un modelo tipo de alegación.

Espérase e agradécese a asistencia do maior número de persoas posible.

 

PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA 2015: PRAZAS SOLICITADAS POLO CONCELLO DE PONTECESURES.

logo.depo

O Concello de Pontecesures, vai solicitar á Deputación de Pontevedra, a través do Plan de emprego 2015 dese organismo, destinado ós concellos da provincia, unha subvención para a contratación de 20 postos de traballo; sendo contratos a tempo parcial (5 horas/dia) durante 6 meses.

A distribución dos 20 postos que este concello vai solicitar, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscrito pódese descargar no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=699

EXPOSICI?N P?BLICA DA VARIANTE PROPOSTA POR FOMENTO AO TRAZADO DA ESTRADA N.550 AO SEU PASO POR PADR?N, PONTECESURES E VALGA.

Informase que está aprobado provisionalmente o Estudo informativo ??Carretera Nacional-550 variante de Padrón, Pontecesures e Valga? por resolución da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento con data do 12/decembro/2014. Sendo publicado o anuncio no BOE con data 30/decembro/2014, cun prazo de información pública de 30 días hábiles.

Todos aqueles interesados en consultar esta documentación terana á súa disposición na Casa do Concello de Pontecesures ata o día 6 de febreiro de 2015 no horario habitual das oficinas municipais.

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A PARTICIPACI?N NA CABALGATA DE REIS.

REISMAGOS2008

O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 2 de xaneiro.  A Cabagata de Reis será o día 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).

Recordase que en caso de choiva a recepción dos Reis Magos farase no Pavillón de Deportes.