Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Avisos

CONVOCATORIA DO CONCELLO DE PONTECESURES: XUNTANZA INFORMATIVA AOS VECIÃ?OS SOBRE A VARIANTE DA N.550

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Alternativa fot1

 

Convocase a todos os veciños/as a unha reunión informativa que terá lugar na Casa do Concello o vindeiro xoves día 22 do actual mes de xaneiro, ás 20,30 horas, en relación co Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre Resolución do Ministerio de Fomento de APROBACIÃ?N PROVISIONAL DO ESTUDO INFORMATIVO: â??CN-550. Variante de Padrón, Pontecesures y Valga. Clave EI2-PO-0023. Provincias de Pontevedra y A Coruñaâ?� (publicado no BOE de data 30/12/2014), onde o Ministerio recomenda e selecciona a denominada â??Alternativa 4â?�.

Esta alternativaxa foi rexeitada de forma unánime por todos os grupos políticos que compoñen o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o pasado 9 de xaneiro de 2015, pois prexudicaría gravemente aos veciños/as e ao pobo en xeral.

Informarase sobre a situación actual e sobre as outras alternativas que propón o concello.

Na devandita reunión estará presente unha letrada e un técnico para explicar e clarexar as cuestións xurídicas e técnicas que se formulen.

Ademais facilitarase aos que así o soliciten, un modelo tipo de alegación.

Espérase e agradécese a asistencia do maior número de persoas posible.

 

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.