Dentro do Programa Cultura no Camiño 2014, cofinanciado pola Consellería de Cultura, pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e polo Concello de Pontecesures; actuará en Pontecesures a compañía FULANO, MENGANO E CITANO coa obra ??VIVA A CRISE?. Esta actuación levaráse a cabo o vindeiro sábado 20 de setembro ás 9 da tarde no Centro Social.
RECIBIMENTO DE CAMILA MORISON NA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.
Camila Morison, do Clube Náutico de Pontecesures que acadou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos da Xuventude celebrados recentemente na localidade chinesa de Nanjing, foi recibida o pasado xoves no Salon de Plenos da Casa do Concello de Pontecesures por membros do goberno local e da corporación municipal.
Camila acudíu a este acto acompañada dos seus pais, do seu entrenador e responsable do clube, Ángel Barreiro; e, como non, lucindo a súa flamante medalla de bronce. Neste acto, dun xeito moi distendido, estiveron comentando polo miudo a experiencia vivida en China e a satisfacción polo éxito acadado.
Ao final do acto o Alcalde, Manuel Luís Álvarez Angueira, fixo entrega dun agasallo do concello a Camila, consistente nunha pala das mesmas características as utilizadas para este logro sen precedentes no noso pobo.
PASO DA VOLTA CICLISTA A ESPA?A POR PONTECESURES.
Mañá xoves 11 de setembro a Volta Ciclista a España pasará por Pontecesures, na súa etapa nº 18 con saída en A Estrada e chegada no Monte Castrove no concello de Meis.
O paso por Pontecesures será aproximadamente ás 14.30 horas, co seguinte itinerario polo noso concello: Tarroeira, Rúa Redondo, Praza de Pontevedra e Avenida de Arousa.
Dende o concello animamos a tódolos veciños e veciñas que se acerquen a estos lugares para ver de cerca a caravana da Volta Ciclista a España.
No seguinte enlace, da web de “La Vuelta” pódese ver o itenerario completo desta etapa:
CURSOS DE IDIOMAS AEVU NO CONCELLO DE PONTECESURES (2014/2015).
INFORMACI?N DOS CURSOS DE IDIOMAS AEVU 2014/2015 NO CONCELLO DE PONTECESURES
Informase que a nova edición dos cursos de idiomas organizados por AEVU (Asociación de Empresarios dos Vales do Ulla-Umia) e impartidos polo Centro de Idiomas Waterford comezará o vindeiro 1 de Outubro de 2014.
Os alumnos matriculados na edición anterior deberán confirmar a súa matrícula chamando ao teléfono 986 851 225 ou no enderezo electrónico cdiwaterford@hotmail.com antes do 20 de setembro. En canto aos alumnos novos deberán recoller o impreso de solicitude no Concello de Pontecesures, ou descaragalo na web: www.pontecesures.org e envíalo cumplimentado ao mesmo correo electrónico antes do 25 de setembro, logo poñeránse en contacto con eles/as para formalizar a matrícula.
As cotas dos cursos para nenos/as e adultos son as seguintes:
ADULTOS E MOZOS/AS (3H/SEMANA): 36 ?/mes
NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA (2H/SEMANA): 31 ?/mes
O pago dos recibos dos cursos faráse mensualmente mediante domiciliación bancaria.
Asemesmo ofrécese a posibilidade de encargar directamente a Waterford o libro de texto a principios de curso. Deste xeito o noso centro encargaríase de pedilos e repartilos a todolos alumnos máis rápidamente e o pago cargaríase en novembro mediante domiciliación bancaria.
No seguinte enlace pódense descargar os impresos de RESERVA DE PRAZA (alumnos matriculados na edición anterior) e o de INSCRICI?N (alumnos novos):
INICIO DAS ACTIVIDADES DE AEROBIC/ZUMBA, XIMNASIA DE MANTEMENTO E XIMNASIA PARA MAIORES 2014/2015.
Para a posta en marcha das actividades de aerobic/zumba, ximnasia de mantemento e ximnasia para maiores; convócase a tódalas persoas interesadas a unha xuntanza que se levará a cabo no mércores 10 de setembro ás 21.00 horas no local anexo ao Pavillón Municipal de Deportes.
Nesta xuntanza informaráse sobre horarios, taxas, data de comezo, etc.
Asemesmo, tamén informase que estas actividades impartiranse de balde no que resta do mes de setembro.









