Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

CURSOS DE IDIOMAS AEVU NO CONCELLO DE PONTECESURES (2014/2015).

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

AEVU
WATERFORD

 

INFORMACIÃ?N DOS  CURSOS DE IDIOMAS AEVU 2014/2015 NO CONCELLO DE PONTECESURES

Informase que a nova edición dos cursos de idiomas organizados por AEVU (Asociación de Empresarios dos Vales do Ulla-Umia) e impartidos polo Centro de Idiomas Waterford comezará o vindeiro 1 de Outubro de 2014.

Os alumnos matriculados na edición anterior deberán confirmar a súa matrícula chamando ao teléfono 986 851 225 ou no enderezo electrónico  cdiwaterford@hotmail.com antes do 20 de setembro. En canto aos alumnos novos deberán recoller o impreso de solicitude no Concello de Pontecesures, ou descaragalo na web: www.pontecesures.org e envíalo cumplimentado ao mesmo correo electrónico antes do 25 de setembro, logo poñeránse en contacto con eles/as para formalizar a matrícula.

As cotas dos cursos para nenos/as e adultos son as seguintes:

ADULTOS E MOZOS/AS (3H/SEMANA): 36 â?¬/mes

NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA (2H/SEMANA): 31 â?¬/mes

O pago dos recibos dos cursos faráse  mensualmente mediante domiciliación bancaria.

Asemesmo ofrécese a posibilidade de encargar directamente a Waterford o libro de texto a principios de curso. Deste xeito o noso centro encargaríase de pedilos e repartilos a todolos alumnos máis rápidamente e o pago cargaríase en novembro mediante domiciliación bancaria.

No seguinte enlace pódense descargar os impresos de RESERVA DE PRAZA (alumnos matriculados na edición anterior) e o de INSCRICIÃ?N (alumnos novos):

 http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=651

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.