ACTUACI?N DE ASFALTADO E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN 10 R?AS
O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.
As obras consistirán na mellora do firme en cinco camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide e Grovas), que xa contan cun pavimento asfáltico, pero moi deteriorado; na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que actualmente se atopa en terra, e na execución dunha nova capa de pavimento de formigón sobre o pavimento existente, en mal estado, nun pequeno tramo da rúa Fontaíña.
Ademais disto, executaranse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.
As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:
| Zona | Rúa | Tipo de actuación |
| 01 | Rúa das Mimosas | Mellora do firme (asfalto) |
| 02 | Travesía Avdas Namorados e Arousa | Mellora do firme (asfalto) |
| 03 | Pista do regadío | Mellora do firme (asfalto) |
| 04 | Camiño a Mimosas | Pavimentación (asfalto) |
| 05 | Condide | Mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais |
| 06 | Grobas | Mellora do firme (asfalto) |
| 07 | Fontaíña | Mellora do firme (formigón) |
| 08 | Rúa Portarraxoi | badén elevado |
| 09 | Rúa San Lois 01 | badén elevado |
| 10 | Rúa San Lois 02 | badén elevado |
| 11 | Rúa sagasta | badén elevado |
As actuacións 01, 02, 03, 05 e 06 consistirán, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico actual, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) prevese realizar a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectarán ás tuberías e cunetas existentes.
A actuación 04 consistirá na pavimentación dun camiño que actualmente se atopa en terra, para o cal previamente se escavará a capa superficial de terra vexetal e se executará unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.
A actuación 07 consistirá na execución dunha nova capa de pavimento de formigón nun pequeno tramo da rúa Fontaíña, aplicada sobre o formigón existente.
En todas estas actuacións se procederá a poñer á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.
As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistirán na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde actualmente xa existen pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procederase a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde resulte preciso, se instalarán novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.
Entre asfalto e formigón mellorarase unha superficie de 4.700 m2
O total do presuposto ascende á 83.937,35? que será financiado polo PUSIM14 da Deputación de Pontevedra.
01. Rúa Mimosas
02. Travesia Avdas Namorados e Arousa
03. Pista do Regadío
04. Camiño a Mimosas
05. Condide
06. Grobas
07. Fontaíña
09. San Lois 1
10. San Lois 2
11. Sagasta
APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL DE PONTECESURES: XORNADA DE PORTAS ABERTAS.
O sábado 5 de xullo ás 16.00 horas abrirá a Piscina Municipal de Pontecesures. Esta primeira xornada será de portas abertas, sendo a entrada de balde.
AUGALINGUA: ACTIVIDADE NA PISCINA MUNICIPAL DE PONTECESURES.
1 AUGALINGUA
LUNS 7 DE XULLO DE 2014 ÁS 12.00 HORAS NA PISCINA MUNICIPAL DE PONTECESURES
Esta actividade xira arredor da Gallaecia, terra de heroes, personaxes peculiares e deuses que viven aventuras e desventuras nunha pequena aldea.
1.1 OBXECTIVOS
– Ofrecer unha actividade lúdica para a época estival para os rapaces/as.
– Desenvolver propostas de ocio en espazos comunitarios como son as piscinas.
– Favorecer o contacto coa lingua galega a través de actividades divertidas e en grupo.
1.2 P?BLICO DESTINATARIO
– Rapaces/as entre 6 e 12 anos
1.3 duración
Unha xornada de 90 minutos.
1.4 DESENVOLVEMENTO
A actividade está artellada como un campamento de xornada única para desenvolver no recinto da piscina e para desfrutar do espazo que nos ofrece e da multitude de rapazes/as que acoden no verán, o que facilita establecer novas relacións co galego como lingua vehicular.
Traballaremos en equipos que competirán e desenvolverán actividades para pasar unha xornada inesquecible na que desenvolveremos probas nas que poñeremos a proba o seu enxeño, a súa rapidez e buscaremos que coñezan máis e mellor a mitoloxía galega e entre ela os seus deuses, que…nos porán en máis dun apuro que teremos que solucionar.
Inicio da Escola de Verán de piragüismo (mércores 2 de xullo).
Mañá mercores día 2 de xullo arranca a Escola de Verán de Piragüismo no Club Náutico de Pontecesures na que participarán rapaces/as dos concellos de Pontecesures, Valga, Padrón e Rois asi como de outras localidades da comarca.
Este ano destaca polo alto número de inscricións, froito do coñecemento que a xente está a ter sobre esta entidade deportiva así como da súa actividade e dos grandísimos resultados que está a ter últimamente, tanto en competicións nacionais como internacionais.
Esta enorme demanda obriga ó Club a dividir aos alumnos/as en dous grupos. Un grupo asistirá os luns e mércores e o outro os martes e xoves en horario de 10.30 a 13.00 horas aproximadamente.
Como tódolos anos o Club Náutico de Pontecesures pon ao servizo desta Escola de Verán os vehículos da súa propiedade para facilitar a recollida de alumnos/as que teñen dificultade para o traslado ás nosas instalacións.














