â??Ponlle as pilas o teu bocataâ?� en Pontecesures
O Concello de Pontecesures acollerá o vindeiro mércores 16 de xullo, esta campaña impulsada pola Xunta co obxectivo de promover unha alimentación sana entre os escolares.
Trátase do programa â??Ponlle as pilas ao teu bocataâ?�, deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar coa colaboración das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA para por de relevo as virtudes das conservas de productos do mar: o seu valor como fonte de enerxía.
Un equipo de monitores ensinarán aos rapaces e rapazas asistentes a ler as etiquetas das conservas, a coñecer a importancia de separar e reciclar os residuos que se xeran nos seus fogares, a elaborar menús que incorporan produtos do mar en conserva e a preparación de bocadillos que poderán saborear inmediatamente.
A actividade terá lugar as 11 da mañán no Plazuela, e está dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 13 anos. 