MAÑA SABADO CONCENTRACION E MARCHA POLO 25N

Mañá sábado, con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, terá lugar unha concentración na Plazuela ás 17 horas onde faremos lectura dun manifesto para amosar o compromiso de todas e todos na loita contra a violencia de xénero e, a continuación, daremos inicio á marcha en sinal de repulsa polos asasinatos e apoio ás vítimas, a cal recorrerá as rúas centrais do pobo.

Nota: En caso de choiva a concentración realizarase na praza de abastos.

SORTEO DA CAMPAÑA “PONTECESURES E PRÓXIMO”.

Acaba de entregárselle a 3 das 4 persoas gañadoras do sorteo da semana pasada seu correspondente vale por valor de 250 €.

E posteriormente celebramos un novo sorteo, logo de que non aparecera un dos números premiados tras o sorteo feito o venres pasado. Agora buscamos ao posuidor/a do número 45730, entregado en “ELECTRODOMÉSTICOS FROIS” que foi o número elixido hoxe.

O gañador/a terá de prazo para reclamar seu premio ate o vindeiro xoves 2 de decembro as 14 h para persoarse co número gañador. Se non aparecera logo dese sorteo o venres 3 faríamos un último intento cun novo sorteo.

E tamén podemos anunciar que o sorteo final será o vindeiro 22 de decembro en horario que comunicaremos segundo nos vaiamos achegando á data. Os comercios adheridos a esta campaña poden seguir adestrando boletos ate o dia 21 de decembro.

MAÑA VENRES NOVO SORTEO EXTRAORDINARIO DA CAMPAÑA “PONTECESURES É PRÓXIMO”.

Logo de cumprirse o prazo para reclamar os boletos gañadores hoxe xoves as 14 h. e posto que apareceron 4 dos 5 premiados, mañá venres dia 26 de Novembro terá lugar ás 13 h no Salon de Plenos na Casa do Concello o segundo sorteo extraordinario da campaña “Pontecesures Próximo” ao faltar 1 número por levar o premio.

Asimesmo os comerciantes achegarán ás oficinas do concello as rifas entregadas nestes dias ate as 12 h do mediodia de mañá venres. A entrada para o sorteo será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas.

Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue á Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora do vale por importe de 250€.