CONVOCATORIA PARA A 1ª XUNTANZA DO OBRADOIRO PARA DEIXAR DE FUMAR EN PONTECESURES.
A primeira xornada do OBRADOIRO PARA DEIXAR DE FUMAR será o luns día 24 de marzo a partir das 20.00 horas no Centro Xuvenil na rúa Raimundo García Domínguez ??Borobó? (a carón do Biblioteca Municipal).
Informasé que aínda quedan prazas dispoñibles para participar nesta actividade. Os interesados/as que queiran inscribirse poden facelo anotándose nas oficinas do concello ou ben chamando ao tlf. 986 564 410.
24 de febreiro día de Rosalía.
O Concello de Pontecesures quere sumarse a celebración do día de Rosalía de Castro.
Con este motivo este equipo de goberno puxo un cartel na fachada do Concello onde a nosa ilustre poetisa lle adica unhas verbas a estas terras de San Lois como ela denominaba a Pontecesures:
??A San Lois vexo brillando
bañado por tintas puras,
sol e sombras amostrando,
en reposo contemprando
montes,auguas e verduras.?





