O CONCELLO DE PONTECESURES INSTA Á CONSELLERÍA DE SANIDADE A REPARAR AS FILTRACI?NS NO CENTRO DE SA?DE.

CENTRO DE SAUDE

 

Dende o equipo de goberno queremos expresar o noso malestar polo estado lamentable que ofrece o noso centro de saúde. Dito centro aínda que fai uns anos ? de titularidade do Sergas esta totalmente abandoado. Nestes últimos días cando choveu encontramonos que estaba cheo de goteiras e filtracións. O cal produce unha merma no servizo que se lle dá aos veciños e un grave malestar entre os usuarios. Xa que non e de bo agrado ir o centro e encontralo cheo de cubos e panos secantes.

Por iso este equipo de goberno remitíu un escrito a Consellería de Sanidade para que coa maior celeridade posible arranxen todolos deperfectos producidos polas filtracións de auga. Para así poder dar un servizo aos veciños e usuarios deste centro nas condicións que se merecen.

 

ARRANXOS NO CEMITERIO MUNICIPAL DE PONTECESURES

Nos últimos días, por parte dos operarios municipais, levaronse a cabo tarefas para o arranxo e adecentamento do cemiterio municipal de cara ao vindeiro día de defuntos:

-Pintado da reixa e pasamáns.

-Limpeza integral e adecentamento das zonas axardinadas.

-Reparación do alumeado.

-Soleiras de formigón para a entrada dos servizos.

-Limpeza da capela e colocación de flores con motivo do dia de defuntos.

XI ENDURO PONTECESURES

ENDURO 2013

 

XI ENDURO DE PONTECESURES
Liga Nacional Galega 2013
Proba aberta á participación internacional

27 de Outubro de 2013
Pontecesures

Localización do Parque Pechado e Verificacións:

Pavillón Polideportivo Municipal
Estrada das Escolas, s/n
Pontecesures
Coordenadas GPS: 42.72156, -8.64995

Localización da Crono e Asistencias Pilotos:

Lugar de Cortiñas
Padrón / Pontecesures
Coordenadas GPS: 42.72457, -8.63849

Info Pilotos [Programa e Horarios]:

Domigo 27 de Outubro de 2013:

– 8h00 – 10h00 ?? Verificacións administrativas e técnicas.

– 10h30 ?? Publicación da Lista de Participantes.

– 11h30 ?? Saída do 1º participante.

– 15h00 ?? Hora prevista de chegada ao Parque Pechado do 1º participante.

– 17h30 ?? Entrega de Prémios.