O GOBERNO DE PONTECESURES REITERA A S?A PETICI?N DE ENTREVISTARSE CO VICEPRESIDENTE DA XUNTA PARA TRATAR A XESTI?N DAS EMERXENCIAS EN PONTECESURES.

Dende o mes de setembro pasado, por parte do Equipo de Goberno do Concello de Pontecesures, veñense solicitando distintas entrevistas na Vicepresidencia da Xunta de Galicia sen ter resposta a día de hoxe. Non queremos pensar que non se nos recibe porque o tema a tratar son as emerxencias en Pontecesures. Levamos un ano con este asunto. Mantivose un primeiro contacto no mes de febreiro e dende aquela se nos esta ocultando toda a información con respecto á distribución dos grupos de emerxencias (GES) en Galicia. Queremos que a Vicepresidencia nos de moitas respostas sobre as emerxencias en Pontecesures. Pero a verdade a día de hoxe non conseguimos ni que nos reciban.

Sabemos que o tema dos GES estase levando con moito oscurantismo que empeza a cheirar un pouco mal.

Por eso dende o goberno de Pontecesures reiteramos a Vicepresidencia que se nos reciba coa maior brevedade posible.

Aviso do cuartel da Guardia Civil

A Guardia Civil de Padrón recuperou nos últimos días varias bicicletas, presuntamente sustraidas na comarca.

Todos aqueles persoas que se viran afectadas por estes roubos, poden poñerse en contacto co cuartel da Guardia Civil de Padrón  (tlf. 981 810 091), por si a súa bicicleta estivera entre as recuperadas.