Hoxe ás 18:00h, o Grand Prix do San Roque en Porto

Publicado por Plumilla o

As festas de San Roque de Porto rematan hoxe a súa Semana Cultural co Grand Prix do San Roque, un partido de fútbol que enfronta a casados e casadas contra solteiros e solteiras a partir das 18:00h.

Esta semana cultural, que tivo lugar do 14 ao 18 de agosto, incluíu xa outras actividades como o campionato de fútbol solteiros vs casados (14 de agosto, desde as 19:00h) e o cine de barrio na Praza dos Valeiros (17 de agosto, desde as 22:30h).

Cartel da Semana Cultural de San Roque de Porto 2026

Recordamos que o programa principal das festas de San Roque continúa os próximos días 19, 20 e 21 de agosto con festa infantil, mexillonada, verbena e alborada.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.