No día de hoxe, martes 9 de abril, o Alcalde de Pontecesures, Manuel Luís Álvarez Angueira, será entrevistado no programa PLENO ABERTO do canal Rías Baixas.
Festa da Lamprea 2013.
Día 14 de abril de 2013
XVIII Festa da Lamprea.
A lamprea servirase a partires das 12.00 horas nunca carpa situada na zona portuaria.
Precio da ración 10?
I Feira do Comercio Local.
Haberá 20 postos dos comerciantes locales na rúa central para a venda dos seus productos.
De 16:00h a 20:00h habrá unha actuación dun grupo musical e ás 17:30h os nenos poderan sacarse fotos cos personaxes de Disney; todo isto na Plazuela.
Organiza: Concello de Pontecesures.
Petición para as Festas do Carme 2013.
Informase que ante a proximidade das Festas do Carmen do próximo mes de xullo, uns veciños de Pontecesures acaban de crear unha Asociación Cultural denominada ??Festa Rachada? que será a encargada de organizar este ano ditas festas do Carme. Por elo, membros desta asociación realizarán en breve unha visita ós domicilios dos veciños/as para solicitar un donativo para sufragar os gastos que esto acarrea.
Aproveito para pedir a colaboración de todos/as, para lograr ter unhas festas dignas.
Campaña de Verán 2013 da Xunta de Galicia (campamentos).
Na Orde do 21 de marzo de 2013 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 63 do 02/abril/2013) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2013? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 35 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 17 de abril, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
Máis información e descarga de formularios de solicitudes:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=473
Prestación económica por fillo/a a cargo menor de 3 anos (Convocatoria 2013).
Prazo de solicitude dende o 2 de abril ata o 10 de maio.
http://www.pontecesures.org/recursos/Prestacion_fillo_a_cargo_2013.pdf



