CARTEL entroido 2013 web

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o 10de febreiro de 2013.
As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h.o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.
As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 8 de febreiro nas Oficinas do Concello. Tamén poderán formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

Melloras no Clube Xuvenil

2013-01-29 12.11.36No día de hoxe rematou a segunda fase das obras de remodelación e mellora do local coñecido como Clube Xuvenil. Os traballos consistiron na instalación dun novo chan de tarima flotante e o arreglo de fiestras e persianas.
Os traballos desprázanse agora ao Centro Social, no cal se acometeran diversas obras de acondicionamento. Ata o remate das obras, as actividades que se están a desenvolver no Centro Social, pasan ao local anexo ao Pavillón Polideportivo, mantendo os mesmos horarios.

Convocadas as subvencións a clubes deportivos para o ano 2013

Baixo o epígrafe” Bases e subvencións a entidades e clubes deportivos para apoiar o deporte de competición federado para o ano 2013″ a Deputación de Pontevedra ven de convocar no DOP do día de hoxe, as axudas correspondentes aos clubes deportivos federados que fomenten o deporte base.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días contados a partir de mañán.

Nota sobre as aclaracións do PP sobre a Mesa Local de Comercio.

Dende o goberno municipal de Pontecesures queremos facer as seguintes aclaracións:

O PP de Pontecesures volve a deixar en evidencia de que non se entera de nada.

-As reunións da mesa local de comercio son de carácter anual. Non estaba fora de ningún prazo, senón dentro do ano correspondente. Non se celebrou antes porque estivemos esperando a que os representantes, tanto da Xunta como da Asociación de consumidoras, puideran asistir.

-Clandestinidade. Gustaríanos que nos explicasen a que se refiren. Xa que nunha reunión á que están convocados representantes da Xunta, dunha asociación de Consumidoras de Vilagarcía, dos comerciantes de Pontecesures e goberno resulta tan numerosa, que non se pode cualificar como clandestina.

-Toda a información referente a este tema está a súa disposición no Concello.

-Respecto ós postos da Praza de Abastos informámoslle que nos vindeiros días vaise a adxudicar un deles e hai propostas sobre a mesa para outros dous.

Os deberes do goberno municipal están feitos. Convocouse a mesa no seu tempo e forma. Sigue a traballar nas propostas expostas, coma a de revitalizar a praza de abastos, e mandouse a acta correspondente a Xunta de Galicia.

O que lle pedimos o PP de Pontecesures e que se informe antes de facer unha nota onde volven a enganar a cidadanía. Facer oposición sen información chámase manipulación.

Xa estamos a comprobar  nas noticias dos últimos días, que respecto a manipulación, como noutras malas artes, son verdadeiros expertos.