O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o 10de febreiro de 2013.
As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h.o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.
As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 8 de febreiro nas Oficinas do Concello. Tamén poderán formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.
Máis sobre isto
Sociedade
Pontecesures repartirá cerca de 2.000 euros en premios en el concurso de disfraces de Entroido.
22 xan 2026
Sociedade
Pontecesures repartirá 1.500 euros nos premios do entroido.
9 feb 2023
