Servizo integral educativo de apoio á familia en Pontecesures.

Grupos de apoio familiar

Paticipa co teu neno/as en actividades educativas que estimulen o seu desenvolvemento e goza do teu tempo libre compartido cos cativos.

Destinatarios

Familias con nenos/as con idades comprendidas entre 0 e 6 anos.

1ª actividade o martes 20 de novembro ás 17.00 horas no Club Xuvenil (ao lado da Biblioteca Municipal).

Máis información:

Na web: http://medrandoapar.blogspot.com.es

No mail: medrandoapar@gmail.com

No facebook: medrando á par

No teléfono: 657 325 727

 

 

Educación secundaria para persoas adultas, curso 2012/2013 en Pontecesures.

EDUCACI?N SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

CURSO 2012/2013:

  • Clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial ??ESA
  • Preparación para as probas libres de Abril e Setembro

Infórmase  que  está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en  clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial  de Educación Secundaria para persoas Adultas ??ESA- ao que poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, curso 2012/2013, e tamén as clases de preparación para as probas libres de abril e setembro (que permiten obter a ESA nun único exame).

As clases realízanse en horario nocturno.

Para máis información poden dirixirse á AULA de Educación de Persoas Adultas no CPI INFESTA ( R/Avelino Pousa Antelo s/n), luns a xoves de 19 a 21 horas, ou no Servizo Social Comunitario do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas.

 

Campaña solidaria de recollida de xoguetes en Pontecesures.

Un ano máis o Concello de Pontecesures pon en marcha a campaña  de recollida solidaria de xoguetes para que os nenos/as das familias con menos recursos tamén teñan os seus agasallos no día de Reis. Baixo o lema ??ALONGA A VIDA DOS TEUS XOGUETES? ponse en marcha esta campaña para que as familias con máis recursos poidan  nesta época tan especial do ano axudar a outras menos favorecidas.

Á entrega de xoguetes faráse, como é habitual, á FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA. Agardanse superar os maís de 500 xoguetes que se xuntaron na campaña do ano 2011.

Todas as persoas que queiran colaborar coa campaña deberán depositar os seus xoguetes na Casa do Concello, no CPI de Pontecesures ou na Escola Infantil Municipal

Asemesmo, prégase que os obxectos doados sexan novos ou se atopen en bo estado, e non teñan carácter bélico nin sexista.

Tamén recordar que toda aquela persoa que queira colaborar para o almecenamento e reparación de xoguetes pode facelo, para iso so ten que preguntar na Casa do Concello.

Dende o Concello de Pontecesures tamén se quere reseñar que a FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA segue coas súas campañas de recollida de tapóns de plástico e roupa para diferentes campañas solidarias que ten en marcha.