Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Sinatura do convenio de colaboración para o servizo integral de apoio á familia.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

No día de hoxe o Concello de Pontecesures asinou un convenio de colaboración para a posta en marcha deste servizo.

O Concello de Pontecesures asina este convenio de colaboración coa Asociación â??Medrando á parâ?? co obxecto de ofrecer apoio ás familias de Pontecesures na educación de pais a fillos.

A sinatura deste convenio é un paso máis no noso compromiso coas familias da vila, con nenos en idade escolar.

Dalgún xeito, con este convenio tratamos de sobrepoñernos  aos recortes presupuestarios que se levaron por diante o programa â??Preescolar na Casaâ?�, e que tanto éxito acadou nesta vila.

Constatado este feito, dende o Concello de Pontecesures, que era necesario poder ofertar de novo este servizo de grupos de apoio as familias, e atopamos na Asociación â??medrando a parâ?� a mellor opción.

Agardamos o maior dos éxitos a esta iniciativa e que sexa do agrado das familias do noso concello.

Os destinatarios deste servizo serán as familias con nenos/as de 0 a 6 anos.

O servizo levaráse a cabo no Centro Xuvenil (Rúa Borobó â??ao lado da biblioteca municipal-) os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas. O primeiro día, que será de presentación do programa ás nais e pais, será precisamente hoxe 20 de novembro.

 

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.