Resposta do grupo de goberno de Pontecesures á moción de ACP sobre a retirada das pagas extraordinarias de decembro aos concelleiros liberados.

Unha vez apresentada por parte do grupo ACP unha proposta de moción, para a sesión plenaria do 30 de xullo, solicitando a retirada das pagas extraordianarias de decembro aos concelleiros liberados do Concello de Pontecesures; estes 3 membros do goberno queren poñerlle as cousas claras o Sr. Sabariz:

En este caso chega vostede tarde. Xa que por acordo dos tres quedou claro que nos iamos a retirar a paga extra de nadal. Xa llo fixemos saber no seu día á secretaria para que o contemplase nos orzamentos deste ano. Así que sin preguntar se isto xa estafa feito manda vde. un globo sonda o espazo. Pero é como soe facer vostede as cousas, sin xeito.

Non somos tontos, xa nos enteramos do real decreto, aínda que vostede se crea o ombligo do mundo e o máis listo, nós xa tiñamos tomada esta determinación.

E agora dende o equipo de goberno queremos deixarlle claro que esta moción do seu grupo non irá ao pleno do día 30 de xullo xa que o seu contido é unha obviedade e non ten sentido. Como non ten sentido presentar unha moción sobre un tema cando o tema xa esta aclarado. Pero bueno as cousas só as fai así o Sr Sabariz que non debe ter nada máis que facer.

 

Goza do Ulla: Rutas de sendeirismo.

Rutas organizadas polos concellos que baña o río Ulla, dende Monterroso ata Rianxo.

A próxima ruta a realizar é a do concello de Touro o domingo 5 de agosto. A ruta “Ribeira do Ulla”. Lugar de encontro na Casa do Concello de Touro ás 10.00 horas.

Información e inscricións ata o 27 de xullo no enderezo electrónico:

ana.pajaro@touro.dicoruna.es

ou no teléfono 981 504 029

Mais información na web:

www.touroturismo.com

A continuación podese descargar o PDF completo coas datas e información de tódalas rútas:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

Bolsas de Axudas ao estudo para o curso 2012/2013 do Concello de Pontecesures.

Axudas do Concello de Pontecesures para nenos/as de 2º ciclo de Educación Infantil, consistentes en axudas individuais de 75 ? por neno/a.

Axudas para alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO, consistentes en libros de texto procedentes do banco de libros municipal.

Para os dous tipos de axuda o prazo de solicitude é dende o 13 ata o 30 de xullo.

Mais información para as solicitudes, documentación a presentar e requisitos dos solicitantes, descargando as bases:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=380