Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Resposta do grupo de goberno de Pontecesures á moción de ACP sobre a retirada das pagas extraordinarias de decembro aos concelleiros liberados.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Unha vez apresentada por parte do grupo ACP unha proposta de moción, para a sesión plenaria do 30 de xullo, solicitando a retirada das pagas extraordianarias de decembro aos concelleiros liberados do Concello de Pontecesures; estes 3 membros do goberno queren poñerlle as cousas claras o Sr. Sabariz:

En este caso chega vostede tarde. Xa que por acordo dos tres quedou claro que nos iamos a retirar a paga extra de nadal. Xa llo fixemos saber no seu día á secretaria para que o contemplase nos orzamentos deste ano. Así que sin preguntar se isto xa estafa feito manda vde. un globo sonda o espazo. Pero é como soe facer vostede as cousas, sin xeito.

Non somos tontos, xa nos enteramos do real decreto, aínda que vostede se crea o ombligo do mundo e o máis listo, nós xa tiñamos tomada esta determinación.

E agora dende o equipo de goberno queremos deixarlle claro que esta moción do seu grupo non irá ao pleno do día 30 de xullo xa que o seu contido é unha obviedade e non ten sentido. Como non ten sentido presentar unha moción sobre un tema cando o tema xa esta aclarado. Pero bueno as cousas só as fai así o Sr Sabariz que non debe ter nada máis que facer.

 

Máis sobre isto

8 comentarios

  1. ven te vexo

    Que gozada de comunicado, vaia resposta, que educación, que ser estar…

    Responder
  2. Caminante

    Sen entrar a valorar quen ou quen non ten razón, quen chega tarde o cedo, a verdade é que a resposta do equipo de goberno deixa moito que desexar.
    Creo que o tono do mesmo non é máis apropiado nin por suposto, o máis axeitado.

    Responder
  3. palikero

    concordo coa tua valoración “caminante”, de feito “o tono” non é o máis axeitado. Inclúan na orde do día do Pleno, señores do equipo de goberno, a mocion de ACP e expoñan alí estas mismas razóns que eiquí argumentan… o vecindario entenderao ou temen que non?…con esta “apresurada resposta” queda “todo dito”.

    Responder
  4. cesureño

    O certo que a resposta deixa moito que desexar en canto as formas, creo que se sabe ben quen foi a que escribiu esto…..

    Responder
  5. Princo

    O tono está perfectamente adecuado para quen vai dirixido. A esta xente haille que falar asi, non o entende.

    Sabariz, espabila. que vostede non se entere das decisións que toma o goberno non significa que non fagan.
    Se o exclúen de todo o que fan, é porque vostede emporca absolutamente todo.

    Estache ben empregado, a xente ten que empezar a darse conta do ruin que eres.

    Responder
    1. indaonte

      Si estou de acordo que a veces si se debe falar mais agresivamente para que te tomen en serio.
      Pero neste caso está completamente fora de lugar, e mais se a contestacion provén do (CONCELLO DE PONTECESURES);
      Deben ter en conta que eles representan A TODOS os cesureños, e que ante todo estan ai PARA SERVIR E MIRAR POLO POBO, pero con contestacions como estas o “goberno” queda co cu o aire
      , e vese que realmente estan polos cartos e nada mais que os cartos. E lles molesta que os recrimines e os fagan andar co lombo dereito.

      Responder
  6. ven te vexo

    Moi boa a lóxica.
    So se goberna para os amigos.
    Tono adecuado para quen vai dirixido…persoa libre…pais libre…liberdade de expresión…
    Hai que contestar a todos con educación, que os demáis tampouco nos enteramos do que non se conta.
    Cando se goberna é para todos incluindo aos que non vos votan e aos que vos critican.

    Responder
  7. papagos

    Sen dúbida é unha nota moi desafortunada. Si ben é difícil subtraerse ás continuas provocacións dun personaxe coma o Sr Sabaríz, o equipo de goberno ten que estar á altura e non caer con tanta facilidade na mesquindade política inherente a este señor.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.