Boletín semanal de ofertas de emprego da Fundación Amigos de Galicia (24 de maio de 2012).
Premendo no seguinte enlace podese descargar o boletín:
O programa de educación de adultos do Concello de Pontecesures recibe a subvención máxima por parte da Xunta de Galicia.
O DOG do 16 de maio publicou a concesión por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da subvención ao Proxecto de Formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures, por un importe de 6.000?
O Concello continúa admitindo novas inscricións para a preparación dos exames da Proba Libre que terá lugar a mediados de setembro.
Os cursos de Educación de persoas adultas que organiza o Concello de Pontecesures desde o ano 1995 contan cun elevado número de participantes e cun moi elevado índice de aprobados. A avaliación do proxecto presentado polo Concello na actual convocatoria obtivo 87 puntos -figurando no nº 13 das 51 propostas- o que lle outorga a subvención máxima establecida na convocatoria, 6.000?.
Continúa aberto o prazo de inscrición do actual curso 2011/2012. Os alumnos e alumnas reciben clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Graduado en Secundaria mediante a convocatoria da Proba Libre que terá lugar o día 13 de setembro de 2012 (Os exames serán tipo test).
Poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran acceder á inserción laboral ou continuar estudos de bacharelato ou ciclo medio. O horario das clases é de luns a xoves de 18.30 a 21.30 h.
As clases para a obtención de Graduado en ESO realízanse en colaboración coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Apertura de conta bancaria para colaboración nas Festas do Carme 2012.
Ante a proximidade das Festas do Carme no próximo mes de xullo, dende o Concello de Pontecesures reiterase a petición de colaboración a todos/as os veciños, para lograr ter unhas festas o mais dignas posibles, para que fagan as súas achegas na conta que este Concello ten aberta en Novagaliciabanco de Pontecesures. O nº da conta é 2080 0112 71 0040008207.
Ludoteca na ponte das Letras Galegas en Pontecesures.
O vindeiro venres 18 de maio de 9 a 14.00 horas no local anexo ao pavillón municipal, e dado que este dia non é lectivo no CPI de Pontecesures, levaráse a cabo unha LUDOTECA para nenos/as de 4 a 12 anos.
Inscricións nas oficinas do Concello de Pontecesures (teléf. 986 557 125) nos dias 15 e 16 de maio e tamén no mesmo dia 18 no lugar da ludoteca coas monitoras.