Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

O Concello de Pontecesures entrega 363 kg. de roupa e calzado á Fundación Amigos de Galicia.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

O Concello de Pontecesures entregou a Fundación Amigos de Galicia 363 quilos de roupa e calzado.

A Fundación Amigos de Galicia, tratando de dar cobertura ás necesidades básicas das persoas no eido da alimentación, vestimenta e calzado, produtos de hixiene, material escolar, xoguetes en Nadalâ?¦ así como aportacións económicas para pagos de débedas puntuais de luz, auga, gasâ?¦ conta cunha lavandería industrial dende 2009, na que recepciona, lava e prancha a roupa que posteriormente vai a ser distribuída entre as persoas que así o precisen,  principalmente naquelas familias con menores o seu cargo.

Neste eido, A Fundación Amigos de Galicia está a contar coa colaboración do Concello de Pontecesures na recollida de roupa usada, que tras un proceso de reciclaxe na lavandería da entidade, pasa a ser distribuída entre as persoas que así o precisan, principalmente aquelas familias con residencia no concello ou concellos limítrofes.

Así, o concello de Pontecesures xa fixo entrega de 363 quilos de roupa e calzado que poderán dar resposta ás demandas de moitas persoas con carencia de recursos. Asemade, se informa de que aquelas familias que queiran colaborar en dita campaña, poden deixar a roupa usada no concello de Pontecesures, en horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a venres.

Por último,  informar de que Fundación Amigos de Galicia está atendendo na actualidade a 19.909 personas en todo Galicia, -deles 11.306 menores- que doutro xeito non poderían ver satisfeitas as súas necesidades máis básicas. Son 20 as familias cesureñas ás que de modo mensual reciben a axuda da entidade, en coordinación cos servizos sociais do concello.

 

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.