Teatro en Pontecesures “Contos coas mans abertas”.

 

 

A compañía de teatro A Tropa de Trapo porá en escena o espectáculo “Contos coas mans abertas”, dirixido a público adolescente e adulto. Esta proposta baséase en pezas narradas a dúas voces, cun acompañamento de guitarra e laúde arabe que convida á reflexión.

CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo. Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

VENRES 23 DE SETEMBRO – 21.00 HORAS – CENTRO SOCIAL.

 

 

Excursión á Feira Internacional de Turismo Termal “Termatalia 2011” do Concello de Pontecesures.

 

O Concello de Pontecesures está o organizar unha viaxe á Feira Internacional de Turismo Termal TERMATALIA 2011 para o vindeiro domingo 25 de setembro. A viaxe inclue:

  • Viaxe de ida e volta en autobús.
  • Entrada á feira.
  • Visita guiada á feira.
  • Visita turística á cidade de Ourense, percorrendo o casco histórico e as termas.
  • Xantar nun restaurante da cidade de Ourense.

Saída dende o Coche de Pedra (Rúa San Lois) ás 9.00 da mañá e chegada estimada ás 21.00 da noite.

Esta excursión está aberta a todos/as os/as veciños/as de Pontecesures, habendo 50 prazas dispoñibles.

O prezo por persoa é de 10 ?.

A inscrición faráse nas oficinas centrais do concello, entregando no momento os 10 ? da cota de inscrición.

O prazo de inscrición é dende o 14 ata o 20 de setembro.

As prazas para esta viaxe asignaránse por rigoroso orde de inscrición.