ESTE DOMINGO ENTREGANSE OS PREMIOS «PALCO DE ESTRELAS» RADIO VALGA Á ORQUESTRA ACH? NA S.F. CHANTECLAIR

Este domingo 12 de decembro co gallo da festa aniversario da orquestra ACH? (formación de Vilanova de Arousa), que terá lugar na Sala de Festas Chanteclair, aproveitarase a ocasión para entregar os galardóns que acreditán á orquestra ACH? coma a formación que máis gustou ou que é considerada a mellor orquestra de Galicia, por parte dos ointes do programa «PALCO DE ESTRELAS» da emisora Radio Valga, e que dirixe e presenta Daniel Seijas. Do mesmo xeito, entregaranse ós premios coma mellor vocalista feminino e masculino de orquestras galegas, a KARMEN MARTÍN e a LUCKY, os dous integrantes de ACH?, e que foron tamén elexidos pola audiencia de «Palco de Estrelas».

OS COMPO?ENTES DA ORQUESTRA ACH?, ESTARÁN ESTE XOVES 18 DE NOVEMBRO, EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.4 FM

Mañá xoves 18 de novembro, estarán os compoñentes da orquestra ACH?, de Vilanova de Arousa, no programa «Palco de Estrelas» con Daniel Seijas. Estarán presentes Mon Rodil, Karmen Martín, Mero Afonso e Lucky. A orquesta o venres pasado ,despois dunhas vacacións, comezou a nova temporada 2010-2011.
Ademais Aché, fai 2 semanas, foi escollida polos ointes de Palco de Estrela, coma a orquestra que máis gustou durante o ano 2010, quedando no segundo posto a orquestra Los Satélites,que gañara o ano pasado. Tamén foron escollidos coma os mellores cantantes de orquestras, a Lucky e a Karmen, tamén de Aché.
Os compoñentes estarán en directo sobre as 21.50-22h. da noite.

HOXE EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA,ENTREVISTA EN EXCLUSIVA CON PEPE DOMINGO CASTA?O.

Hoxe xoves 26 de agosto, dende as 19h. e ata as 4 ou 5 da madrugada,haberá coma sempre «Palco de Estrelas» en Radio Valga 107.4 FM,con Daniel Seijas.
Entrevistaremos en directo a Pepe Domingo Castaño,e unha das grandes apostas para o programa deportivo «Tiempo de Juego» xunto con Paco Gonzalez, para a nova temporada na Cadena COPE.
Ademais poderás escoitar o último disco da orquestra LOS ESPA?OLES, reliquias musicais de orquestras,concursos,festas e moito máis….hoxe en PALCO DE ESTRELAS!!!

HOXE XOVES, EL COMBO DOMINICANO SUBESE ? PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Hoxe coma tódolos xoves, dende as 19h. ata as 4 ou 5 da madrugada, haberá «Palco de Estrelas» en Radio Valga, con Daniel Seijas. No programa de hoxe estarán os compoñentes da orquestra internacional EL COMBO DOMINICANO, de Gran Canaria.Estando os seus cantantes (entre eles, Oliver, que foi concursante fai uns anos de Gran Hermano) e o seu director e fundador Cirano Núñez. El Combo Dominicano, estará ademais este sabado 24 de xullo nas festas de Campaña-Valga, compartindo cartel coa orquestra Chárleston Big Band de Padrón. O impresionante de programa de festas deste ano en Campaña completase o domingo 25 co grupo Océano e a orquestra Aché, para rematar o luns 26 coas orquestras Olympus de Negreira e Galilea da Estrada.
Ademais en Palco de Estrelas, poderás escoitar en primicia o novo disco da orquestra ACH?, que será oficialmente presentando xunto co videoclip «Celebra la vida», o próximo xoves 29 de xullo na sala de festas Chanteclair.
Tamén poñeranse pezas do último disco da afamada banda Unión Musical de Ponteledesma…esto é moito máis en case 10 horas de radio sen interrupción…
Por ultimo engadir que a semana pasada, Palco de Estrelas, cumpria 5 anos e 6 temporadas consecutivas en antena, sen existir nin unha soa semana que non houbera «Palco de Estrelas,dende que comezou o 13 de xullo do 2005.

HOXE XOVES 17 DE XU?O, ESTARÁ A ORQUESTRA SUAVECITO, EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Hoxe xoves, coma é habitual na sintonia do 107.4 FM de Radio Valga, dende as 19h. haberá o programa «Palco de Estrelas» con Daniel Seijas. Nesta ocasión, sobre as 22h., contará coma convidados a Carlos Mariano e outros compoñentes da gran formación «SUAVECITO ORQUESTRA Y COROS»…ademais a mellor música das nosas orquestras, información festeira,e moito máis.