FESTAZAS EN CAMPA?A,OS DÍAS 24,25 E 26 DE XULLO DO 2009

CAMPA?A-VALGA,FESTAS
Venres 24 de xullo,na honra a Santa Cristina :As 23h. grupo Chaston de Ferrol e as 00.30h orquestra Gran Parada de Rianxo
Sábado 25 de xullo,na honra o Santisimo Sacramento : As 23h. 1ºpase da orquestra Magos de España e as 00.30h 1º pase da orquestra Galilea da Estrada
Domingo 26 de xullo,na honra a Santa Ana : As 23h 1ºpase da orquestra Miramar de Moaña e as 00.30h. 1ºpase da orquestra Costa Oeste de Taragoña

V FESTA DOS TALLERES OdL O VENRES 19 DE XU?O EN CAMPA?A

Como xa é habitual, o grupo OdL,con talleres en Pontecesures e na Matanza (Padrón),celebrará a súa V Festa. Será no campo da festa de Campaña, o vindeiro venres 19 de xuño, a partir das 22.30h. coa presentación das orquestras COMPOSTELA e CINEMA. Haberá carro da festa para mollar a palleta con Mirindas e auguas do país.A dirección de OdL non se fai responsable das posibles trompas e visións dobres.
A orquestra COMPOSTELA,formación de recoñecido prestixio, pasa por ser a orquestra galega máis coñecida no resto do Mundo,estando de xira por gran parte de América e Europa.Ademais diso este ano cumplen 90 anos,sendo a orquestra decana de Galicia. Por iste motivo,este ano acaban de sacar ó mercado un cd recopilatorio de grandes éxitos,e en cuestión de días será lanzando un disco con novos temas interpretados pola agrupación actual.
Pola súa banda, OdL é o maior fabricante do Mundo de escenarios móbiles para orquestras.Vendendo para Galicia,Portugal,Francia,Levante,Castilla,Asturias,Santander….

A VER CANDO VEMOS EN CESURES ALGO ASÍ

foto-feira-pachecoEsta é unha foto feita polo gran fotógrafo vigués Pacheco,da Feira do Autmóbil de Ocasión (nin vellos,nin para a chatarra,senon que para saír andando con el sin máis nada) do ano 1925. Esperemos que pronto en Pontecesures haxa unha feira,onde polo menos haxa,non 50,nin 70,nin 150,nin 200…tan siquera 600 vehículos (sin contar as motos nin as bicicletas) coma nas feiras de 1925 e 1926 ¡ que menos!, que daquela poucos coches máis había en toda Galicia. ¡Eso si que tivo mérito!

HOXE A EMISORA RADIO VALGA CUMPLE 10 ANOS

Tal día coma hoxe, un 15 de maio de 1999,comezaban en probas as súas emisións Radio Valga,sendo o seu primeiro locutor Chema Aboy ,que foi o encargado de poñer o primeiro tema musical en sonou na emisora, o «soul survivor» da holandesa C.C. Catch…dende aquela pasaron moitas cousas, e si somos o que somos agora e gracias a todos vos,ointes , anunciantes ,Exmo.Concello de Valga. Moitas Gracias por confiar en nos.Esperemos que sexan moitos anos máis.