A MEMORIA INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA

Aquí vos deixo o artigo orixinal que enviei ó Diario de Arousa,e que despois en redacción modificaronlle algún detalliño
A MEMORIA INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA.

O pasado sábado 9 de agosto abriase ó público,nas reformadas instalacións da antiga azucreira de Portas, a exposición ??A Memoria Industrial dos Vales do Ulla-Umia?,onde a través duns paneis explicativos, dase conta , a xeito de resumo, da historia industrial e empresarial dos concellos que forman parte da A.D.R. Ulla-Umia,dentro dun marco cronolóxico que abrague aproximadamente entre o século XIX e a década de 1940s.
A finalidade principal da mostra é a posta en valor dos recursos arqueolóxicos e históricos,despois dunha catalogación previa dos restos industriais existentes nos concellos, así coma dar a coñecer as diferentes iniciativas empresariais que existiron no pasado,das que algunhas delas seguen funcionando e aportando riqueza á comarca. Neste traballo catalogouse e investigouse a historia das serrerías de madeira, telleiras,balnearios,fábricas da lus, cererías,fábricas de curtidos,entre outros,así coma a biografía de destacados empresarios empredendores da época estudiada.
A través dos paneis explicativos da Exposición, percorreromos a historia industrial dos diferentes concellos,con textos apoiados polas imaxes do pasado mesturadas con fotografías que nos mostran o estado actual de conservación dos elementos industriais.
O resultado desta exposición procede dun traballo de investigación codirixido polo catedrático de Historia Económica da U.S.C. Joam Carmona Badía e pola persoa que escribe estas liñas,mentras que as imaxes actuais son obra dos magnifico fotógrafo Manuel González Vicente. A mostra foi organizada e sufragada pola A.D.R. Ulla-Umia a través do Plan Leader +. Tamén temos que agradecer a axuda e a colaboración prestada, durante o proceso de investigación e recopilación de material, as seguintes empresas,persoas e institucións : ó investigador morañés Avelino Garrido Monteagudo, Fábrica de ladrillos ??NOVO Y SIERRA? de Campaña, ??CERERÍA DI?GUEZ? de Pontecesures, Concello de Valga,o encargado da Biblioteca Municipal de Cuntis,Concello de Pontecesures (Rafael Randulfe),Luis Sabariz (Gaseosas Zabala), Manuel Campos Velay (??BEMAFRICA? de Cuntis), ??CEDONOSA? de Catoira (Ana Longo), Casa de turismo rural ??Torre do Río? de Segade, Concello de Catoira (Malisa),
Campás ??Ocampo? de Arcos da Condesa,entre outros.
A xeito de resumo, farei un breve repaso sobre o máis saliantable do pasado industrial e comercial dos concellos de Caldas de Reis , Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures,Portas e Valga.

CALDAS DE REIS.

Neste concello as actividades industriais existen dende épocas relativamente temperans.En Arcos da Condesa xa estaban os campaneiros dende o século XVII e na vila de Caldas a mediados do S XVIII xa había un considerable núcleo productor de coiros.No ano 1898 en todo o concello funcionaban 4 fábricas de curtidos ,situadas na Tafona,Fietoso,Nodar e na rúa Juan Fuentes.Aínda que as novidosas iniciativas industriais veñen do aproveitamento da baixada do rio Umia en Segade,coa instalación dunha fábrica de papel que funcionou ata fins do SXIX e sobretodo coa creación dunha das primeiras centrais hidroeléctricas que existiron en Galicia,e que entre 1899-1900 levou a luz eléctrica a Caldas,Pontecesures,Padrón… destacando neste sector a figura do caldense Laureano Salgado,o emprendedor máis saliantable desa época en Galicia. Tampouco non nos podemos esquecer do importante papel que tivo na dinamización da vila caldense,a existencia dos balnearios ??ACU?A? e ??DAVILA? que atraian e atraen tódolos anos centos de persoas de diferente procedencia.

CATOIRA.

O concello máis costeiro de Ulla-Umia tivo ata finais do século XIX prácticamente coma única industria as telleiras,que estaban situadas á beira da desembocadura do río Ulla, quedandonos na actualidade algúns restos materiais de fornos ou tellas,así coma a microtoponimia. Co cambio de século, na zona de Progeso,preto da estación, comezan a xurdir serrerias coma a de Dámaso Parrado,que pecharia polo 1915,e posteriormente xurden outras coma a de Joaquín Pereira ??O Portugués?,Manuel Castromil Otero,Rañó, Wenceslao Rodríguez…convertendose xunto con Pontecesures nun importante núcleo productor de madeira durante os anos da posguerra.
Sen embargo,a partir de 1940s, a gran industria que daría moitos empregos en Catoira sería a instalación da gran fábrica de productos cerámicos ??CEDONOSA? por parte do empresario guardés Eloy Domínguez Veiga. Como curiosidade ,despois da guerra civil ,creouse unha industria quimica que sería máis coñecida polo nome de ??La Titania? que non tivo moito éxito e durou pouco tempo. Temos que ter en conta que en Catoira houbo explotación das augas mineromedicinais a través dun balneario,chegandose a fábricar xabón coas súas sales.Cabe mencionar que Catoira que é un dos poucos concellos galegos,onde funcionaron á vez os 3 tipos de muíños fariñeiros : os de marea,o de vento e os de río.

CUNTIS.

A vila de Cuntis debe o seu desenvolvemento ,dende vello, ó emprego das augas termonineromedicinais nos balnearios para os tratamentos de diferentes afeccións,convertendoa nun dos centros balnearicos máis concurridos de España. Tamén tiveron fama dende sempre o oficio de canteiros,que levantaron igrexas,cruceiros e pazos por Galicia adiante e parte de España.Outro oficio a saliantar ,sobretodo nas parroquias de Cuntis e Estacas,foi o de músicos,que traballaron en bandas de música e orquestras.
No sector industrial Cuntis o primeiro rexistro dunha serrería realizase no ano 1908 no lugar de Xinzo.Co tempo este sector aumentaria con novas serrerías,coma a da Taboada,Hervés,a de ??CASAL? en Troáns,as dos ??GUIMAREY? na Ran e Teaño.Algúns destas serrerías,asocidas con outras de Moraña,na década de 1940,crean a sociedade ??Serrerías Rurales del Umia?.Aparte da existencia de ferrerías, carpinterias e pequenas ebanisterias, Cuntis foi coñecido pola fabricación de ataudes,que chegou ata hoxe da man de ??POMBO?.
No sector eléctrico,destacou o dono balnearios ??La Virgen? e ??El Castro? Marcial Campos García, que levou a lus a Cuntis en 1915 coa creación no río Patela,dunha central hidroeléctrica,que hoxe está totalmente abandoada,e que debería arranxarse como lugar de atracción de turismo do patrimonio industrial.

MORA?A.

A situación de Moraña entre finais do S XIX e principios do S XX,é a dun concello moi rural,que subsiste da economía agropecuaria e das remesas da emigración en Sudamérica.De Moraña tiña moita fama o oficio dos canteiros que explotaban as canteiras do concello e o dos arrieiros,que entre outras cousas adicabanse ó transporte de viño para as tabernas dende as terras ourensans do Ribeiro.O núcleo de Santa Lucia medraba entre outras cousas debido a existencia de dúas feiras mensuais, as do 11 e 28.En canto ós muíños fariñeiros,en 1899 estaban rexistrados 18.A primeira industria como tal,chega no ano 1917 a Santa Xusta coa creación dunha efimera serreria que contaba ademais con dous muiños fariñeiros que funcionaban a vapor.En 1919 crease outra serreria con muiño a vapor no lugar de Mirallos,que tamén durou apenas uns 3 anos.Máis importante será a serrería que instale na Taboada-Lamas, Manuel Novo Fernández que se caracterizou por funcionar aproveitando a forza da auga. En 1933 aparece unha serreria en Santa Lucia,e na parroquia de Lamas a serreria dos Redondo en 1937.En 1956 chegoron a existir 6 serrerias que reunian en total 10 serras.Coma anecdota, en 1930s co auxe da romaría da Santa Xusta,os veciños do lugar chegaron a fabricar un xabón medicinal.

PONTECESURES.

De Pontecesures pódese afirmar que foi no pasado a vila máis importante e dinámica a nivel comercial e industrial dos 7 concellos Ulla-Umia. Núcleo privilexiado pola súa situación xeográfica, tivo o porto fluvial máis importante de Galicia, abastecedor de productos a súa comarca e a área de Santiago de Compostela, transformouse ,durante o S XIX, ademais nun porto de exportación de productos do agro do Ullán,Sar e A Mahía,coma o millo,fabas,cebolas e incluso gando vacún,convertíndose, a fins do SXIX e sobretodo ata os anos 60, nun porto marítimo-fluvial de referencia na exportación de madeira do país a Inglaterra,Asturias e Levante.Isto provocaba que o muelle, na década de 1950s ,estivese totalmente colapsado de castelos de tablóns de madeira .Do mesmo xeito converterse ,entre 1920s-principios de 1960, ademais nun centro transformador da madeira coa creación de serrerías coma que se montaron en Redondo,a de ??Carlés? e ??Magán?,e posteriormente en Cesures ??Crufa? e ?Bogafer?.
Na vila de Cesures,antes máis coñecida coma o núcleo de San Lois,instalaronse nos SSXVIII-XIX ,a carón do seu porto,persoas procedentes de fora de Galicia, que tempo os seus descendentes chegarian a posuir grandes emporios comerciais ou industriais,coma o caso dos Sierra (Oscos-Asturias),os García-Lozano (Ortigosa de Cameros-La Rioja),ou outras galegas coma os Domínguez,Diéguez ou Zabala,entre outros.
Tamén destacar que aquí naceran empresas coma ??CALERAS DEL ULLA?, ??CERÁMICA CELTA?,?GASEOSAS ZABALA?,?GASEOSAS BRA?A? ou ?CERERÍA DI?GUEZ?, e en 1939 poñiase en marcha, a que é actualmente a fábrica de leite condensada de maior producción de Europa,a NESTL?,que en Cesures é coñecida por ??NESTLE? sen acento no ??e? final.

PORTAS.

Concello eminentemente rural que baseaba a súa principal riqueza nos productos agropecuarios,sobretodo nas fertis veigas do río Umia.Os productos estrela eran o liño é a producción de viño,este último aínda de gran peso.Curiosamente o feito de ser ,se cadra ,o máis rural de tódolos concellos nomeados,non o privou para ser testemuño directo dunha das iniciativas industriais máis importantes do momento en Galicia.A construcción ,en 1899 ,da fábrica de azucre de remolacha ??AZUCARERA GALLEGA? ,que na súa ubicación veu tamén determinada polo proximidade a nova liña de ferrocarril que ese mesmo ano inagurábase entre Carril e Pontevedra ( que casualmente agora suprimen). Debido a proliferación de gran cantidade de fábricas de azucre por toda España,despois da perda de Cuba (1898),chegouse a ter un enorme excedente de azucre do mercado,o que provocou unha crise que fixo pechar moitas fábricas,entre elas a de Portas,liquidandose a empresa en 1904.
Despois deste fiasco apenas houbo actividades industriais,agás dúas pequenas serrerias que comezaron a funcionar na década de 1920s de Constantino Buceta e Benito Búa,xurdindo outras pequenas serrerias entre os anos 1930s-1940s.No ano 1955 as dúas serrerías existentes no concello,daban traballo a 14 obreiros.

VALGA.

Entre as décadas de 1850s-1940s Valga tratábase dun concello moi rural,sen núcleos urbáns,cun habitat moi deseminado ,no que a principal fonte de riqueza estaba nunha rica agricultura e ganderia así coma nas remesas de cartos enviados polos emigrantes, asentandos principalmente en Arxentina. As actividades ??industriais? que temos no SXIX e principios do XX, son as dos muiños fariñeiros e das pequenas telleiras artesanais existentes nas parroquias de Campaña e Cordeiro.
As novidades na industria veñen a principios de 1910s coa instalación en Campaña, por parte de José Carlés Braña, dunha pequena serra movida pola forza das augas do río Valga que funcionou ata 1916.Logo en 1915 Jose Abalo Otero monta unha serreria en Ponte Valga e en 1921 o coñecido empresario e político vigués, casado no Pazo da Bouza, Manuel Otero Bárcena crea na Tarroeira unha fábrica de virutilla. Sen embargo o paso máis importante ,cara o proceso industrializador de Valga, dariase tamén en 1921,da man do vigués Eugenio Escuredo Lastra e a sociedade cesureña ??Novo y Sierra? que xuntos poñen a andar unha moderna fábrica de ladrillos no lugar da Torre-Campaña,que aínda funciona, que daba traballo en 1924 a 70 empregados e que surtiase na súa maioria do barro extraído da mina Mercedes,lugar hoxe convertido nunha lagoa artíficial e zona de lecer. Pertencente a esta fábrica,aínda quedan en pé, na veiga de Campaña, as torretas que formaban parte dun sistema de transporte de mercancías ,por cable aereo,inagurado en 1927, dende un embarcadoiro no lugar das Caneiras,no río Ulla,ata a fábrica de ladrillos.

Daniel Seijas Llerena
Redondo-Pontecesures,14 de agosto do 2008.

A ORQUESTRA PANORAMA ESTARÁ O MARTES 17 DE XU?O,EN PALCO DE ESTRELAS DE RADIO VALGA 107.4 FM

O martes 17 de xuño,por cousa extrana que pareza,haberá «Palco de Estrelas» de Radio Valga,polo que o xoves desa semana non haberá «Palco de Estrelas»,debido a uns «problemas técnicos» de axenda do presentador Daniel Seijas.En todo caso,ese martes estarán varios dos membros dunha das orquestras máis afamadas de toda Galicia,a orquestra Panorama de Caldas de Reis.Este ano a orquestra conmemora o seu 20 aniversario coa xira «Panorama All Star 2008».Unha das novidades deste ano, e que cos beneficios recadados coa venda dos seus CDs,serviran de axuda para a Asociación Española de Lucha contra el Cáncer.Esta orquestra,representada para a zona por Espectaculos Carlos,actuará o 15 de xuño en Cordeiro coa orquestra Marbella,e moi pretiño de nos,pero que moi preto ….o domingo 6 de xullo tamén poderemos ver a Panorama,sin ter coller o coche.

VE?A,ANIMATE E VEN A ROMARÍA CAMPESTRE DOS OINTES DE RADIO VALGA,O PR?XIMO SÁBADO 21 DE XU?O

Como xa é habitual entre os ointes da emisora lider de audiencia na comarca,radio Valga,organizan unha romaría campestre,o vindeiro sábado 21 de xuño,no Parque Irmáns Dios Mosquera de Ponte Valga.Haberá bo pulpo,churrasco e viño na carpa da pulperia Rías Baixas-Lito Mambis,xogos populares e a actuación do Trío Alba de Catoira.O prazo para apuntarse acaba o luns 16 de xuño e calquer sucursal de Caixanova.O prezo son 22 euros por persoa,e os nenos e nenas non pagan.Esperamos que o campo se volva a encher

ESTE XOVES 12,GRAN PRESENTACI?N,EN EXCLUSIVA,DO DISCO DA ORQUESTRA TR?BOL EN PALCO DE ESTRELAS DE RADIO VALGA

Como é costume,no programa que dirixe Daniel Seijas Llerena,»Palco de Estrelas» de Radio Valga,sempre se adianta ó resto das emisoras de España na presentación de temas e disco.Desta vez,sobre as 22.30h. do xoves 12,estarán os membros dunha das orquestras máis importantes do panorama musical do noroeste español,a orquestra «TR?BOL» ,representada para esta zona por «S.L.Espectaculos».A orquestra presentará en exclusiva o disco que serve de celebración do seu 60º aniversario (fundada en Ferrol en novembro de 1948).Na entrevista estarán Javier Bardanca,director e trompetista da orquestra,Sito Mariño (xefe e representante da orquestra) así coma outros membros desta formación musical punteira,e das máis demandadas entre as comisións de festas e concellos de toda Galicia e parte de Asturias e León.

ESTE XOVES 17,»HEVEL E RAYEL» EN PALCO DE ESTRELAS

Este xoves 17 de abril,no programa «Palco de Estrelas» de Radio Valga,estarán os artístas «Hevel e Rayel», cantantes que comezan este ano carreira musical en «solitario» acompañados con orquestra,corpo de baile e escenario móbil. A novidade e que se tratará dun espectaculo musical co musica en galego para as verbenas galegas.Ademais escoitaremos novos temas do que será o seu primeiro disco.