Hoxe xoves 27 de marzo a orquestra PALLADIUM estará no programa «Palco de Estrelas» de Radio Valga 107.9 FM

Este xoves 27 de marzo (de 20 horas ata as 4 ou 5 da madrugada)no programa decano das orquestras galegas «Palco de Estrelas»-Radio Valga 107.9 FM, que dirixe e presenta Daniel Seijas, ademais dos seus habituais espacios, entrevistará en directo ós 4 novos cantantes da orquestra Palladium de Vilalonga, a Edu,Maria José, Isabel e Angel. Os ointes poderán tamén falar con eles en directo chamando ó 986 55 97 36.
A emisora tamén pode escoitarse por internet dos seguintes xeitos :
http://www.raddios.com/4322-radio-valga
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.radiovalga.net/

ou no teu móbil descargando algunha destas 3 app : tunein , radios.net ou radio.es

palldium 2014

Este xoves o grupo MIDAS estará en directo no programa «Palco de Estrelas» de Radio Valga

Este xoves 20 de marzo, dende as 20 horas e ata as 4 ou 5 da madrugada, volve unha semana máis o programa máis festeiro de toda Galicia, Palco de Estrelas-Radio Valga 107.9 FM con Daniel Seijas Llerena.Esta noite ademais dos habituais concursos,chamadas en directo, os santiños, música de orquestras galegas..estarán os compoñentes do grupo MIDAS de Pontecesures, con música en directo incluida , para presentar a temporada 2014. Estarán no programa ata que cante o galo.
A emisora pódese escoitar por internet a través dos seguintes xeitos :
http://www.raddios.com/4322-radio-valga
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.radiovalga.net/
ou nas app para teléfonos móbiles buscando no play store : tunein , radios.net ou radio.es
midas 2012

Hoxe xoves 29 de agosto o programa PALCO DE ESTRELAS de RADIO VALGA lembrará a «Borobó» no 10 aniversario do seu pasamento.

O programa festeiro, e de todo un pouco,que dirixe e presenta Daniel Seijas Llerena fara este xoves ( o programa comeza as 19 horas ata a madrugada) unha especie de homenaxe ó ilustre xornalista cesureño Raimundo García Domínguez «Borobó» co gallo do 10 aniversario do seu pasamento. «Borobó» persoa boa e xenerosa, queria tanto esta comarca do Ullán, comprometida e que viviu unha época complicada, na que para publicar certas cousas habia que escribilas entreliñas para poder pasar a censura, ben merece que se lle adique parte de «Palco de Estrelas».Soaran audios ineditos e exclusivos.
A emisora pode escoitarse tamén en internet :
– http://www.raddios.com/4322-radio-valga.

– www.radiovalga.net.

E tamén no móbil baixando a aplicación excluiva radio valga en google play.

HOXE XOVES 4 DE XULLO, PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA CO NOVO HORARIO DE VERÁN REGRESARÁ O ANO 1925.

Hoxe xoves o programa festeiro «Palco de Estrelas», que presenta en Radio Valga 107.9 FM Daniel Seijas Llerena, ademais dos contidos habituais (concursos,chamadas en directo,axenda festeira, musica de orquestras,bandas populares, caribeña e brasileira…), fará unha «superproducción» sobre a historia das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures (1925,1926,1950 e 1954), sendo a primeira que houbo das súas caracteristicas en España.
Ademais a partires de agora, e durante os meses de xullo e agosto, tódolos xoves o programa adianta a súa hora emisión ás 19 horas, ou sexa no horario que sempre tivo ata setembro do ano pasado.
Recorden que agora radio Valga pode escoitarse por internet :

– http://www.raddios.com/4322-radio-valga,
ou na propia web : www.radiovalga.net
Tamén disponse dunha aplicación gratuita propia para escoitar nos teléfonos móbiles, en google play buscando a palabra radio valga.

Hoxe xoves 6 de xuño estará en PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM, ANTONIO FERRO para falar da VII edición de FEGACLASIC.

Co gallo da celebración nesta vindeira fin de semana de FEGACLASIC en Pontecesures, o programa dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena, Palco de Estrelas prestará atención a este importante evento ó entrevistar en directo a Antonio Ferro «Ferriño», presidente da asociación cultural «Mirandolle os Dentes» como un dos organizadores desta feira. Ademais das novidades musicais das orquestras galegas, axenda festeira, concursos e moito máis..en Palco de Estrelas haberá unha «superproducción» sobre o DESEMBARCO DE NORMANDIA, ó celebrase hoxe o seu 69 aniversario.
O programa comezará as 20 horas e rematará case a hora que cante o galo.
Podese escoitar tamén a través de internet a través das seguintes ligazóns :
http://www.raddios.com/4322-RADIO%20VALGA%20-%20FM%20107.9%20-%20Valga
www.radiovalga.net
E ademais agora poderás descargar unha nova app exclusiva para escoitar a radio no telefono móbil, buscando e descargando a aplicación de Radio Valga no App Store ou no google play.
Para android : https://play.google.com/store/apps/details?id=com.evelb.radiovalga&feature=more_from_developer
Para Iphone : http://appshopper.com/music/radio-valga
E tamén podese descargar a antiga app en : http://radiovalga.net/mobile_page/

A emisora RADIO VALGA 107.9 FM, estrea unha nova WEB para que se poida escoitar a emisora en todo o Mundo.

A emisora Radio Valga 107.9 FM informa que agora dispón dun novo enderezo web, para que tódolos veciños da comarca do Ullán, Caldas,Sar e A Mahia, que se atopen en calqueira parte do Mundo e queiran seguir o acontecer diario destas comarcas, poden facelo escoitando online a emisora a través do portal www.radiovalga.net ou tamén na plataforma internacional Raddios.com na ligazón http://www.raddios.com/4322-RADIO%20VALGA%20-%20FM%20107.9%20-%20Valga
Pouco a pouco haberá máis novidades.