Sociedade
A COMISION DE FESTAS DE SAN ROQUE DE PORTO XA TE Á VENDA AS CAMISETAS DESTE ANO
Coma tódolos anos, a comisión de festas pon á venda unha CAMISETA OFICIAL da mexiloada das festas, que este ano será o xoves 18 de agosto. O seu prezo é de 8 ? de axuda ás festas. Poderedes mercalas no bar Choco, en Porto.
¡¡¡ Ollo que se acaban pronto !!!
Deportes
OS ALEVÍNS DO PONTECESURES C.F. PASAN A PREVIA DO TORNEO DE BOIRO, E SE VAN ENFRENTAR ? SPORTING DE XIX?N.
Esta pasada fin de semán os alevíns do Pontecesures C.F. disputaron a previa un bo torneo que se organiza en Boiro, en concreto en Abanqueiro. Os nosos rapaces foron superando a equipos rivais coma o Unión de Rianxo, o Aguiño de Ribeira, o Lesende de Noia, e finalmente derrotaron, na quenda de penaltis, ó Crocho de Boiro.
Esto permitiulles clasificarse para a fase final deste torneo, que se celebra entre este sábado e domingo. Os nosos rapaces van ter que xogar contra o Abanqueiro A de Boiro, o Coruxo de Vigo, e os alevíns do Sporting de Xixón, que son unha das canteiras mais importantes de España nestas idades tan tempranas.
Todo un premio este novo logro dos chicos de Marcos «Pichi», para ir despedindo a tempada 2010-11.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: O EQUIPO SENIOR ACADA O TITULO DE COPA ? IMPO?ERSE NA FINAL OS VILAGARCIÁSN DO DOCE SEQUEIROS
EXTRUGASA RIO ULLA 77: Dani (9), Peñaño (20), Pedrito (13), Victor (4), Ismael (-), Pedro (-), Santi (4), V. Sanchez (3) Arturo (6), Roberto (4), Pepi (8), Brais (2) e Juanjo (4).
EL DOCE SEQUEIROS 53: J. Conde (12), R. Garcia (15); A. Duran (6), S. Posada; R. Garcia (4); JJ Duran (2); E. Rodriguez (10); E. Aloy (4)
Parciais: 23-10; 12-13; 27-15; 15-15
Árbitros: C. Baena e L. Abuin. Sinalaron 25 faltas ós locais e 22 ós visitantes.
Domiñou o Extrugasa dende o inicio do encontro, grazas ó dominio do rebote e á velocidade local. Destacando Peñaño nos primeiros minutos con 8 puntos. Enseguida o Extrugasa colleu 10 puntos de diferenza, e chegou ó remate do cuarto 23 – 10.
No 2º cuarto o Doce intentou reducir diferenzas, poñendose en zona, e conseguiron achegar se a 8 puntos. 2 triplas de Peñaño mantiveron as diferenzas para os locais, que chegaron ó descanso 35 – 23.
No 3º cuarto, con Peñaño anotando 2 triplas e Pedrito facendo un total de 11 puntos o Extrugasa superou os 20 de diferenza: 62 – 38, ó remate do cuarto.
O Doce xa non buscou recortar e no derradeiro, Dani con 2 triplas consecutivas achegou a case 30 a diferenza. Nos minutos finais xogaros os 2 xuvenis e mantiveronse as diferenzas en torno os 25 puntos. 4º título de Copa na Hª do club.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: AS NENAS INFANTÍS PERDEN ANTE O COMPA?IA DE MARIA
C.B.RIO ULLA 29: María Navarro (1 ), Carlota Abuín (-), Iría García (-), Naiara Naviera (2), Antía Sanmarco (10), Carla Vicente (-), Lara Raris (8), Yazmina Jamardo (-), Sonía Tarrío (6), Candela Lafuente (2), Antía Domínguez (-), Antía Varela (-).
COMPA?ÍA DE MARIA 73:
Parciais: 08-17; 10-23; 06-15; 05-18
As nenas do Extrugasa Rio Ulla sairon a xogar moi nerviosas e non foron quen de competir neste encontro, Cargadas de faltas moi pronto Nayara e Antia Sanmarco, o Compañia de Maria pude defender moi forte a Larita, que apenas encontraba espazos na defensa. As coruñesas con contrataques, e movendo ben o balón impuxeronse dende o inicio. No descanso o partido estaba case sentenciado, pois inda que nos primeiros minutos do 3º cuarto o Extrugasa defendeu mellor, non entraban os tiros, e finalmente as coruñesas domiñaron de novo esta 2ª metade.
As nenas do Compañia de Maria de Coruña, campeonas da copa Galega 2011
Lara, a capitana do Extrugasa Rio Ulla recollendo a copa de subcampionas entregada por Jose Luis Renda, delegado da federacion galega en Vilagarcia de Arousa, e Ramona Quintá da empresa Extrugasa, patrocinadora do noso club.
O equipo infantil feminino Extrugasa Rio Ulla co trofeo de subcamionas da copa Galicia 2011.
(Fotos cedidas por Salvador Lafuente)
Basket Río Ulla
HOXE FINAL DA COPA SENIOR DE BALONCESTO
Esta tarde, no polideportivo cesureño, o Extrugasa Rio Ulla xoga a final de copa arousana 2011 contra o El Doce Sequeiros. Esperemos ter un bo partido e que a copa quede no noso club.
O partido vai ser as 19.30 h. con entrada gratuita para todos.