BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA DA A SORPRESA ANTE O LIDER LAXE MARÍN ? QUE DERROTA 82 A 66

A plantilla que esta mañá disputou o partido contra Laxe.

(Foto cortesia J.A.S.B.)

EXTRUGASA RIO ULLA = 82

Gulli (4), Peñaño (20), Pedrito (6), Diego (-), Victor (-), Antonio (16), Santi (7), Dani (8), Arturo (2), Pepi (19), Juanjo (-), Fabian (-) .

PIPPEN SPORT LAXE de MARIN = 66

O Extrugasa Rio Ulla fixo o mellor partido que se lle recorde nos ultimos anos. E diante dun dos mellores equipos da categoria nestes mesmos anos. Dito esto, decir que foron superiores durante todo o partido, saindo mentalizados dende o inicio.

Así, foron os pivots, Santi e Antonio, con 5 e 4 puntos os que puxeron as primeiras diferencias no marcador, gañando 9 a 4 cando se levaban 3 minutos. Funcionou a defensa individual ante un equipo marinense moi experimentado, pero que quizais non se esperaba este ímpetu nos locais. Con velocidade no minuto 5 xa gañaban 14 – 6. Empezaron as rotacións nos 2 equipos, e no Extrugasa foron Peñaño e Pepi os que seguiron anotando para os locais, inda que Laxe mellora en defensa, provocando perdas nos locais e achegándose a 2: 21-19, quedando 10 segundos para o final do cuarto. Pero Peñaño anota unha tripla sobre bocina e deixa o final do cuarto en 24-19.

O 2º cuarto foi mais trabado, con mais defensas por ambas partes. Laxe usou mais o físico para defender, logrando achegarse de novo a 2 puntos: 29 – 27, pero Pepi, autor de 8 puntos neste cuarto, mais unha tripla de Peñaño (33-29) evitaron que Laxe culminase a remontada, e cun ultimo parcial de 6 – 0 antes do remate o encontro chegou ó descanso cun 39 – 29.

Os do Extrugasa, vendo que podían dar a sorpresa ante o líder, sairon a polo partido e lugraron superar ós 10 puntos ó inicio deste periodo: 43 – 31. Unha nova tripla de Peñaño puxo ós locais 15 arriba: 48 – 33 mediado o terceiro cuarto. Tras un intercambio de canastas, unha tripla de Dani manten ós locais nunha comoda diferencia (55 – 39).  Laxe ponse en zona 2 – 3, e no primeiro ataque Peñaño anota a 4º tripla súa. Pero e que nos seguintes ataques primeiro Gulli e logo Dani, acertan outras 2 triplas mais, superandose os 20 puntos (66 – 44). Antes do fin do cuarto, e ca defensa de Marín defendendo o perímetro quedaron espacios para que Antonio e Santi anotaran 4 puntos mais que deixaron o marcador 70 a 47.

No derradeiro cuarto Extrugasa seguiu xogando, e nos primeiros minutos houbo un intercambio de canastas que favorecia ós locais, pois cada vez quedaba menos tempo para a remontada: as canastas de Pepi e Antonio mantiñan a diferencia en mais de 20 puntos: (78 – 53, no minuto 35). Laxe presiona á desesperada nestes minutos finais logrando roubar 3 balóns seguidos que supoñen rebaixar a diferencia a menos de 20 puntos: (78 – 61), pero quedaban 2 minutos, e cos tiros libres finais o marcador quedou nun 82 – 66 nun gran partido do Extrugasa, que mantén a 4ª praza da liga e lle permite aspirar a meterse na «final four» deste ano.

Noutros resultados do club esta semana:

Xunior Masculino: EDM Estradense 45 – Extrugasa 50.

Nun partido moi igualado, e con alternativas no marcador, o Extrugasa apretou para levarse a victoria do campo de A Estrada, importante pois os alexa dos derradeiros postos da taboa.

Cadete Masculino: Marin B 60 – Extrugasa 46

Logo dunha mala 1ª pasrte na que chegaron a ir perdendo de 20 puntos o Extrugasa remontou ata poñerse a 7. O cansancio e os nervos pasaron mella e a victoria foi para os locais.

Infantil Masculino: Xuven B 28 – Extrugasa Rio Ulla 95.

Martin, autor de 45 puntos, liquidou ós cambadeses que se viron desbordados durante todo o partido polos infantís do Extrugasa, que gracias á boa defensa e contraataque lles permitiu coller esta ampla diferencia no marcador.

Alevin Feminino: Extrugasa Rio Ulla 19 – Arxil A 65.

A maior experiencia das Pontevedresas, un dos mellores equipos da liga, serviu para que non tiveran problemas en superar ás nenas do Extrugasa, as cais non se rendiron nunca.

Alevin mixto: Extrugasa Rio Ulla 33 – BBC C 30.

Os 2 equipos mais xóvenes con diferencia da liga, o que se traduce en que son os 2 equipos que non gañaran ningún partido, disputaron un encontro moi emocionante no que Extrugasa foi por diante ata de 10 puntos 17 – 7, pero que o BBC nunca entregou, chegando a poñerse diante 28 – 27 á falta de 3 minutos. Pero Kevin anotou 4 puntos consecutivos para un total de 25, e a victoria quedou na casa.

BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

SENIOR: DOMINGO AS 12.15 XOGAN EN PONTECESURES CONTRA O LIDER, o LAXE MARÍN.

JUNIOR: SABADO ÁS 12 XOGAN NA ESTRADA CONTRA O EDM ESTRADENSE.

CADETE: DOMINGO 17.30 H. PARTIDO EN MARIN CONTRA PEIXEGALEGO B.

INFANTIL MASCULINO: SABADO ÁS 10.30 EN CAMBADOS, CONTRA XUVEN B.

ALEVIN FEMININO: XOGAN SABADO ÁS 11.15 H. CONTRA ARXIL A EN PONTECESURES.

ALEVIN MIXTO: XOGAN SABADO AS 12.30 H. EN PONTECESURES, CONTRA BBC C.

BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

Estes son os partidos que os equipos do noso club van xogar esta fin de semana:

SENIOR: Sábado ás 19.30 h. en Vilagarcia contra el Doce Sequeiros.

CADETE: Sabado ás 12 en Pontecesures contro o BBC A

INFANTIL FEMININO: Domingo ás 19 h. en Pontevedra, contra o Arxil.

Os outros 4 equipos non xogan esta semana. Os Xunior tiñan descanso, e os infantís e alevíns non teñen xornada pola concentración alevin deste domingo en Tui, de seleccións zonais, organizada pola federacion galega. A esta concentracion acude na categoria feminina a nena do noso club Antia Sanmarco, representando a Arousa.

BALONCESTO: JOSE CARLOS GARCIA PARTICIPOU DAS DUAS VICTORIAS ACADADAS HOXE POLA SELECCION GALEGA INFANTIL

Coma informaramos, Jose Carlos Garcia, que fora convocado pola Federacion Galega de Baloncesto para formar parte da selección infantil masculina, acudiu con esta selección ó Campionato de Seleccións Autonómicas, que se celebra en Zaragoza dende o martes 5 ata o domingo 10 de xaneiro.

Pois ben, na 1ª xornada do martes 5, Jose Carlos participou nas 2 amplas victorias que Galicia colleirou ante Asturias (65 – 14) e Cantabria (72 – 52).

Seguiremos estes dias atentos ás novas que nos chegan dende Zaragoza.

Por fru, hace