BALONCESTO: OS DISTINTOS EQUIPOS DO CLUB ESTÁN INICIANDO A PRETEMPORADA 2009-10

Se a principios de agosto iniciaron os adestramentos os equipos junior e cadete masculino e infantil feminino e infantil masculino, en días pasados foron os seniore alevíns os que empezaron os adestramentos. Faltan os benxamíns, cuia inicio de temporada está previsto para este xoves día 24 pola tarde.

entreno senior

Imaxen dun adestramento do equipo senior.

O equipo senior vai contar nun principio con 3 baixas: Pino, Nacho e Juajo, que serán cubertas polas altas de Dani, Fabian e Antonio. O resto hasta 13 seguen os mesmos: Gulli, Peñaño, Pedrito, Diego Tote, Victor, Pedro Cachote, Santi, Arturo, Felipe e Pepi. Tampouco hai novidade respecto ó adestador do equipo: Jose rodriguez seguuirá o frente outra temporada mais.

Finalmente destacar que nos equipos de categorias inferiores quedan sitios por se hai nenos/as interesadas enpracticar este deporte. Os anos de nacemento de cada categoría son:

Junior: nados en 1992 e 93.

Cadete: 1994 e 95.

Infantil: 1996 e 97.

Alevín: 1998 e 1999.

Benxamín: 2000 e 2001.

Calquera persoa interesada en obter mais información poderá pasarse entre as 17 e as 21 h. os martes, xoves e venres no polideportivo de Pontecesures. 

BALONCESTO: AS NENAS DO EQUIPO INFANTIL ABREN A TEMPORADA OFICIAL 2009-10 ESTA PROXIMA FIN DE SEMANA

O equipo infantil feminino do noso club abre a temporada oficial 209-10 esta vindeira fin de semana, probablemente o sabado 26 ás 12 do mediodia en Pontecesures, no 1º partido da fase clasificatoria zonal arousana de clasificación á liga galega. Dita fase, a xogar ata finais de outubro, permitirá que o 1º clasificado da zona de Arousa teña opcións de clasificarse para a liga galega, para o que tería que eliminar ó ultimo do «grupo especial»  onde están equipos de mais nivel (Cortegada, Arxil, celta de Vigo, etc…). Nunha eliminatoria a principios de novembro decidirá quen entra na liga gaklega 2009-10.

O equipo conta cas baixas das nenas que pasadron de categoria, así coma Raquel Diz, fichada no Cortegada. Suben ó equipo varias das alevíns. De momento son 10 as nenas que forman o plantel, ás que se unirán as alevíns de ultimo ano.

Nesta liguilla o equipo xogará contra Peixegalego de Marín, este sábado. Logo ten que xogar co Cortegada B, Arxil B, Meco de O Grove e Xuven de Cambados.

Por fru, hace

BALONCESTO: 2 DAS PROMESAS DA CANTEIRA CESURE?A FICHAN EN EQUIPOS DE LIGA GALEGA

Esta vindeira temporada 2009-10 que se acaba de iniciar oficialmente a principios de setembro truxo ó noso club a marcha de 2 das xóvenes promesas da canteira a equipos de liga galega. Falamos de José Carlos García, fichado en Rosalia de Santiago, e Raquel Diz, que xogará no Extrugasa Cortegada en Vilagarcía.

JOSECARLOS

José Carlos Garcia levaba no club 7 dos seus 13 anos. Empezou na escola de baloncesto con 6 anos e esseguida destacou polo manexo de balón e tiro. ASí, un ano despois xa tivo ficha no equipo alevín, onde estaría 5 anos. O ano pasado, xa en edade infantil, destacou o suficiente para que os responsables da federación galega o preseleccionara para a selección infantil «pomesas», disputando un torneo en Lugo en decemnbro pasado. Tamén formou parte da seleccion arousana, sendo dos xogadores mais destacados, o que motivou que varios clubs dos importantes a nivel de traballo de base preguntasen por él. Finalmente escolleu ó Rosalia de Santiago para xoga rpolos campionato galego. Esta pasada fin de semana debutou o seu equipo, encaixando unha derrota clara ante outros dos favoritos da competición o Marín Peixegalego.

raquel

Raquel Diz empezou mais tarde no basket, en concreto hai 2 temporadas xa como alevín de ultimo ano. Dende o principio destacou pola súa fortaleza e visión do xogo, contribuindo a que as rapazas alevíns foran subcampionas nesa temporada.

A temporada pasada, xa como infantil, destacou, o que fixo que fose seleccionada por Arousa, para formar parte da selección infantil. Na competición de clubs, seu equipo quedou 3º na liga e subcampion de copa.

Debutou en partido oficial onte contra o Arxil, gañando na prorroga por 1 punto: 48 -47.

Ambos teñen agora oportunidade de pelexar por entrar na fase final da liga galega 2009-10, en equipos que presumiblemente van a ser dos mellores de Galicia.

Sorte a ambos e desexarvos moitos mais éxitos.

FESTA RACHADA EN PORTO O XOVES 20

100_2338 web

Iniciouse a tarde ca procesión que traia coma tódolos anos, ó San Roquiño ate Porto.

100_2346 web

Antes da mexiloada Algueirada e Xarandeira amenizaron a espera con pezas dos seus respectivos repertorios.

100_2362 web

A eso das 22 h. puxéronse as potas ó lume: 2200 kgs de mexilons.

100_2365 web

Expectación para probalos, acompañados de pan e bebida gratuitas.

100_2369 web

Durante 2 horas houbo mexilóns a fartar.

100_2444 web

Ate que a eso da medianoite Capitol e Los Españoles iniciaron as verbenas dese dia.

100_2451 web

Mentres San Roquiño decansaba no lugar preparado dende hai mais de 60 anos na taberna de Vieites.

100_2491 web

Os devotos seguidores do santo non paraban de bailar cas orquestras.

100_2546 web

Houbo festa rachada ate cerca das seis e media da mañán.

Por fru, hace

FESTAS EN PORTO: FOTOS DO PASADO MERCORES 19 DE AGOSTO

100_2174 web

Comenzamola tarde do pasado mércores ca tradicional regata de dragóns, barcos compostos por 10 remeiros e timonel.

100_2181 web

Na regata participaron distintas tripulacións: solteiros, casados, os do nautico de Pontecesures, de Catoira, da Ponte… Na imaxen vemos ós casados de Porto. Tamén houbo probas femininas.

100_2205 web

Logo desta regata, tamén é tradicional a merendola a base de xamón, xa na Praza dos Valeiros. Ate 6 foron cortados este ano.

100_2212 web

Mentras, o grupo Miramar, de Riveira, amenizaba a festa ca súa música.

100_2236 web

Incluso a cantante participou da festa a pe de praza, cntando e bailando cos veciños.

100_2263 web

100_2242 web

100_2260 web

100_2245 web

Nenos e xóvenes pasaronno en grande toda a noite.

100_2297 web

Nin a choiva poido ca festa…

100_2328 web

E Maneiro que acababa polas nubes…

100_2278 web

(E inda faltaban xoves e venres, pero esa foron outras historias…)

 

BALONCESTO ACB: OBRADOIRO EMPEZA A LIGA CONTRA O BARSA EN SANTIAGO

Será a fin de seman do 10/11 de outubro cando arranque a liga ACB (a considerada por todos a 2ª mellor liga do mundo). e este ano imos ter a un club santiagués, o Obradoiro, disputando dita liga.

Pois o sorteo deparou que na 1ª xornada acuda ó pabillón do Sar, o todopoderoso Barcelona (actual campión da liga).

O calendario completo podedelo atopar:

http://www.elcorreogallego.es/deportes/baloncesto/ecg/xacobeo-blu-sens-arranca-acb-sar-frente-bar/idEdicion-2009-07-31/idNoticia-453832/

Tamén sinalar que a campaña de socios do Obradoiro vai escomezar o próximo mércores 5 de agosto. Os prezos dos carnets de socio para toda a tempada van dende os 120 ós 360 ? (prezo por adulto normal). hai ate 7 zonas diferentes o pabillón cada unha cos seus prezos, segundo a ubicación. A directiva deste club soña con ter cubertas con aboados as 5.500 localidades que ten coma aforo este recinto deportivo.

Dende logo é unha oportunidade histórica para poder disfrutar do mellor baloncesto europeo preto do noso pobo.