OS RAPACES/AS DAS ESCOLAS DE BALOCESTO DE VALGA E PONTECESURES PARTICIPARON NO GROVE NO TORNEO ORGANIZADO POLO CB. MECO

Dende hai varios anos o Cb. Meco de O Grove organiza un torneo con notable éxito de participación entre os equipos arousáns. Os nenos e nenas son os das categorías benxamíns e prebenxamins, menores todos eles de 10 anos. E coma outras veces o CB Rio Ulla quixo acudir a esta xornada de convicencia, que este ano foi o pasado domingo 24 de maio. Para elo contou con rapaces/as das escolas de Valga e Pontecesures, acudindo finalmente cun grupo de 13 nesnos/as.

Ademasi de disputar 4 partidiños ó longo do día, os rapaces tiveron outras actividades lúdicas e de animación. pintado de caras e pernas, baile e xogos.

 

Foto de todos os participantes no remate da xornada de convivencia.

(Imaxes cedidas por www.todogrove.com a quen lle damos publicamente as gracias)

BALONCESTO: CADETES E INFANTIS MASCULINOS ESTÁN A 1 PARTIDO DAS SUAS RESPECTIVAS FINAIS COPEIRAS

Tralos resultados desta pasada fin de semana cadetes e infantis masculinos teñen que gañar seus respectivos partidos desta vindeira fin de semana (ambos en Pontecesures) para clasificarse para disputar as suas respectivas finais copeiras.

Nesta imaxe, extraida de http://clubbaloncestorioulla.blogspot.com/ vemos as respectivas clasificacións. POr un lado os cadetes se xogan o 2º posto, e acceso á final, co rival directo, o CB. Pontevedra. Mais curioso é o caso dos rapaces infantís. Hai agora mesmo un cuadruple empate polas 2 primeiras prazas. E os 4 equipos xogan na derradeira xornada entre si, polo que os 2 que gañen chegrán á final. Incluso os nosos rapaces poden ser 1º de grupo, gañando ó Liceoe que perda o CB Pontevedra contra o Estudiantes.

Por fru, hace

BALONCESTO: SABADO AS 12 H. DO MEDIODIA, GRAN FINAL DE COPA INFANTIL FEMININA

Tal e coma anunciáramos, Pontecesures acollerá a final de copa infantil feminina arousana, este sábado 23 a partir das 12 h. no polideportivo de Pontecesures, que enfretará ó nos equipo contra o Meco de O Grove. Esperamos que o pabellón presente unha boa entrada e a afección anime ás nosas rapazas para lograr acadar o título.

Outros partidos do club son:

Cadete masculino: Sabado ás 20 h. no Liceo de Vilagarcía.

Infantil masculino: Sábado ás 10 en Pontevedra. contra o CB. Pontevedra.

Ambos deben de gañar seus partidos, para no caso dos cadetes, ter opcións de chegar á final da copa, para o que terian que gañar na seguinte semana a Pontevedra. Os infantís gañando este sábado estarían clasificados para a súa final.

Por fru, hace

O equipo infantil feminino do C.B. Río Ulla xogará a final de copa en Pontecesures

Equipo infantil feminino 2008-09

Esta tarde a delegacion arousana da federacion galega de baloncesto confirmou que o polideportivo de Pontecesures vai ser a sede da final da copa arousana, na súa categoría infantil feminina, este próximo sábado día 23 de maio, en horario pendente de determinar. 

A esta final chegan 2 dos mellores equipos da competición zonal, onoso equipo Extrugasa Rio Ulla e o Meco de O Grove. Ambos equipo enfrentaronse varias veces ó longo do ano, cun balance final de 2 victorias para cada equipo.

Anunciaremos con tempo a hora do partido, esperando contar con numeroso público que anime ás nosas rapazas para que este título quede no noso club.

Tamén o equip masculino conta con posibilidades de chegar á sua final. Quedanlle 2 partidos da liguilla copeira, e de momento están con 2 gañdos e 0 perdidos nesta fase final. Gañando 1 dos 2  aseguranse estar na súa final, que tamén temos pedido para organizar polo noso club. Sería na fin de semana do sábado 6 de xuño.

BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

Esta semana temos os seguintes partidos, con estes horarios:

Cadete Masculino: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra.

O partido mais facil da copa a priori, xa que na liga gañaran os nosos de 70 puntos. Os nosos non deben de descuidarse e coller ritmo para os vindeiros partidos que decidiran os finalistas copeiros da categoría.

Infantil masculino. Domingo ás 17.15 h. en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.

Este partido presentase moi igualado, pois na liga os de Pontevedra gañaran ós nosos por pouca diferencia.

– Infantil femenino. Sabado ás 19.15 h. no Grove, contra o Meco.

Con este partido pechase a liguilla de copa, e ambos equipos están clasificados para a final, que se xogará probablemente a vindeira fin de semana. Partido intrascendente por tanto, pois o bo vai ser a a final, pero o 1º posto desta liguilla está en xogo.

– Alevin mixto. Sábado ás 17 h. contrra Xuven, en Cambados.

ificil partido para os nosos, que si queren chegar a xogar as semifinais copeiras , terán que gañar contra un rival directo para meterse de segundos. En caso contrario sería o derradeiro partido da temporada, e a despedida da actegoría de varios xogadores/as deste equipo da escola, pois para o ano por idade pasan para os infantís.

Por fru, hace

BALONCESTO: HORARIOS DA VINDEIRA FIN DE SEMANA

Esta semana 3 equipos teñen competición copeira, mentras que o cadete descansa.

– Infantil Masculino: Sabado ás 5 en Pontecesures, contra O Grove.

– Infantil Feminino: Sábado ás 12.30 en Pontecesures, contra Liceo Vilagarcia.

– Alevín Mixto: Sabado ás 11 en Pontecesures, contra o CB. Pontevedra.

Nun principio os que mais dificil o van ter van ser os alevíns, inda que dependen de si mesmos para clasificarse para os crices de semifinais de copa. Para elo teñen que gañar este partido na casa, ou pra vindeira fin de semana en Cambados.

Nenos e nenas infantís deberían de solventar seus partidos sen moitas dificultades. Ambos equipos teñen pcións de chegar á final copeira (aquinon hai semifinais), e nestes partidos non poden pinchar.