Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

Por fru ·

Esta semana temos os seguintes partidos, con estes horarios:

– Cadete Masculino: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra.

O partido mais facil da copa a priori, xa que na liga gañaran os nosos de 70 puntos. Os nosos non deben de descuidarse e coller ritmo para os vindeiros partidos que decidiran os finalistas copeiros da categoría.

– Infantil masculino. Domingo ás 17.15 h. en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.

Este partido presentase moi igualado, pois na liga os de Pontevedra gañaran ós nosos por pouca diferencia.

– Infantil femenino. Sabado ás 19.15 h. no Grove, contra o Meco.

Con este partido pechase a liguilla de copa, e ambos equipos están clasificados para a final, que se xogará probablemente a vindeira fin de semana. Partido intrascendente por tanto, pois o bo vai ser a a final, pero o 1º posto desta liguilla está en xogo.

– Alevin mixto. Sábado ás 17 h. contrra Xuven, en Cambados.

ificil partido para os nosos, que si queren chegar a xogar as semifinais copeiras , terán que gañar contra un rival directo para meterse de segundos. En caso contrario sería o derradeiro partido da temporada, e a despedida da actegoría de varios xogadores/as deste equipo da escola, pois para o ano por idade pasan para os infantís.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.