O EXTRUGASA PERDE EN CUNTIS POR 1 PUNTO: 59 ?? 58, SEN 4 DOS TITULARES, CON OPCIONS DE GA?AR ATA O ULTIMO SEGUNDO

CAFETRIA DON MANUEL ?? CUNTIS = 59

EXTRUGASA RIO ULLA = 58

Gulli (9), Pedrito (10), Diego (3), Victor (-), Pedro (10), Santi (9), Juanjo (5), e Pepi (12). O do Extrugasa esta semana foi mala sorte. Á baixa de Felipe (por traballo), uniuse a de Pino (motivos personais levaronno a Madrid), e Nacho que non se recuperou dunha lesion nun dedo. E para rematala o venres Peñaño que se torce un nocello no adestramento. Polo que fomos a Cuntis moi mermados de efectivos, pero pensando en loitar e de non conseguir a victoria, salvar polo menos o average. O que son as cousas, ca mentalidade de todo o equipo onte, poucos equipos nos ian a gañar a pesar de todo. Mención especial para a ??dobre P? (Pedro e Pedrito), hai 6 anos profesor e alumno, e hoxe compañeiros de equipo: ambos con 10 puntos cada un, diron moito xogo exterior ó equipo. Pedro ca súa garra e pundonor de sempre, non parecia que viñera de estar parado 2 meses. Pedrito anotando co descaro que dan os 18 anos.

Con este panorama de baixas, o Extrugasa empezou con Gulli de base, Diego a defender ó base Diego de Cuntis; Pedrito no aleiro e Santi e Pepi collendo ós pivots locais, pois coma pivot reserva só quedaba Juanjo no banco. Defensa individual todo o encontro que funcionou dende o inicio: Santi e Pepi podian cos seus pares nas 2 zonas, e Diego axfisiaba moi ben ó base local. En ataque se movia ben a pelota: así as 2 primeiras canastras (2 ?? 4) eran interiores, logo unha exterior de Pedrito (detalle 1: tripla que non foi por centimetros) e logo Diego si anota unha tripla. No minuto 5 o marcador estaba 5 ?? 9. Os locais que apretan e se achegan no marcador (detalle 2: Pardal nos anota 2 triplas seguidas sen fallo). Remata o cuarto 16 ?? 15 para os locais. Iniciase o 2º cuarto e o Extrugasa segue movendo ben polo que consigue manter o resultado igualado (min 15: 20 ?? 20). Gulli tese que ir ó banco e o equipo o nota en ataque. Deixa de mover con fluidez, tirase moi rápido e precipitado e Cuntis vaise: dun 29 ?? 26, pásase a un 35 ?? 26. 11 puntos de diferencia ó descanso que facian peligrar incluso o average (13 puntos).

Empeza a 2ª metade e Cuntis que se ve incapaz de superar a nosa defensa, mentras que Gulli, con 7 tantos e Pedro con 5 anotan dende posicións exteriores para empatar no minuto 26 a 40. Logo Pedrito e Juanjo con 5 tantos seguidos ponnos de novo diante 44 ?? 45, e o partido que entra nunha fase de igualdade ata o final do cuarto: empate a 48. Abrese o derradeiro cuarto cunha nova tripla de Pedrito e outra canastra de Juanjo, e Extrugasa que se vai de 4: 49 ?? 53 no minuto 33. Pero ahí dase outro detalle, os arbitros aplican un criterio especial á hora de valorar a defensa sobre o base local Diego, e este anota varios tiros libres de faltas moi rigurosas. Cuntis pegalle a volta ó partido, poñéndose 57 ?? 54. Juanjo que falla neses momentos 2 canastras debaixo e se lle escapan 2 balons. Pepi que o sustitue e anota 2 tiros libres 57 ?? 56. Logo 5ª falta de pepi nun rebote no que o unico que fai é coller o balón. 2 tiros libres para eles que meten 59 ?? 56 con 30 segundos. Extrugasa que move e busca canastra de 2 que anota Santi. Defensa forte con 11 segundos e Diego recupera na nosa zona quedando 5 segundos: pásalla a Pedrito que da 2 botes acercase a 7 metros e sobre bocina falla o tiro que, de anotar daría a victoria, e calquera o aturaba despois. 1 victoria nos 4 encontros que quedan e o equipo que se clasifica matematicamente de 1º para a final a 4.

HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR

Partido sábado as 16.30 h. en Cuntis.  Xogamos en casa do 2º clasificado, ó que lle levamos 4 victorias, pero as baixas van condicionar a nosa alineación. Así, á baixa de Felipe por traballo, unense a de Pino (ausente por motivos familiares) e a de Nacho (lesionado), polo que o xogo interior do equipo vaise resentir. O extrugsa en caso de perder deberíamos intentar conservar o average (que esta en 13 puntos, diferencia pola que derrotamos a Cuntis en Cesures). De todolos xeitos, sexa cal sexa o resultado non vai empañar a boa temporada que está facendo o equipo, e polo menos servirá para que os rapaces que menos xogan habitualmente, mañá poidan dispor de mais minutos ante un bo equipo.

ALEVINS

– As nenas alevíns xogan en Pontevedra as 11.30 h. contra o 2º clasificado, o Estudiantes, nun partido que de gañar, acercaría ás rapazas ó titulo de campionas do grupo.

– Mentras, os nenos alevíns xogan en Pontecesures as 17 h. de mañá sábado, contra o Liceo A, a quen queren derrotar logo de que na 1ª volta perdesen por 3 puntos en Vilagarcia nun final de partido polémico polas decisións arbitrais.

O resto de categorias non empezan a xogar partidos de copa arousana hasta a vindeira fin de semana (polo menos), logo do sorteo efectuado onte á tardiña na delegación arousana de baloncesto.

PE?A?O LIDERA O TRIUNFO DO EXTRUGASA SOBRE LALÍN NUN PARTIDO BASTANTE MALO

EXTRUGASA RIO ULLA = 50

Peñaño (16) Gulli (4), Pedrito (-), Diego (-), Victor (-), Pino (7), Pedro (-), Santi (4), Juanjo (2), Feli (6) e Pepi (11).

BASKET-DEZA de LALIN = 41

O Extrugasa certifica a súa clasificación con esta victoria para a ??final a 4? logo dos últimos resultados. Así con só 2 derrotas vai de líder destacado, pois os seguintes (Cuntis)xa leva 6 derrotas, e co 7 están Portonovo, Motobazar e BBC. O partido de hoxe foi moi frouxo, quizais por levar 2 semanas sen xogar, quizais pola hora (domingo 12 da mañá), porque non xogou Nacho, lesionado nun dedo, ou porque o rival é o ultimo clasificado. Así era Lalín quen se impoñía no minuto 5 no marcador: 4 ?? 10. Os do Deza pechados nunha zona, e Cesures fallando tiros dende lonxe, e debaixo de canastra, e perdendo moitos balóns por atacar sen acerto. Ademais a defensa local era moi frouxa. Logo dun tempo morto, mellorouse en defensa, e 5 puntos de Peñaño deixan o marcador 9 ?? 11 ó final do cuarto.

O 2º cuarto empezou ben para o Extrugasa, pois Peñaño con 2 triplas case consecutivas daba as primeiras diferencias para os locais (min 15: 19 ?? 13, O parcial do minuto 5 ó 15 foi de 15 ?? 3). Pero sentouse para descansar e o partido entrou nunha serie de desacertos de novo para ambos equipos: un pírrico 1 ?? 3 nestes minutos deixou o marcador ó descanso nun 20 ?? 16. Extrugasa defendía ben, pero e ataque non se facía o que se falaba. Felipe que fallaba ata 3 contrataques claros, e en estático o equipo perdia balóns a esgallo. Logo do descanso, e gracias a 2 triplas mais (Peñaño e Pepi) os cesureños vanse de 10: min 25 19 ?? 29. Pino reboteaba en defensa e por fin aparece en ataque con 4 puntos consecutivos. Lalín ó seu: xogar o que podía, e a defensa dos cesureños lle deixaba, e o partido ó final do cuarto que chega 36 ?? 25.

No ultimo cuarto mantívose esa diferencia de 10 ?? 12 puntos, e sentados Pino e Peñaño foron Felipe, Gulli, e Pepi os encargados de anotar (min 36: 48 ?? 36). Xa nos ultimos minutos cambiouse ó equipo e cos chavales na pista o partido acabou 50 ?? 41. Poido ser o ultimo partido de Felipe, pois motivos de traballo vanno ter alonzado unhas semanas do equipo e do pobo. Para a semana próxima toca Cuntis, nun dos ??derbis? da tempada, pois son moitos anos xa xogando contra eles.

BALONCESTO: HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NESTA FIN DE SEMANA

– SENIOR: DOMINGO ÁS 12.15 H. EN PONTECESURES PARTIDO CONTRA O BASKETDEZA DE LALIN.

En caso de gañar, o Extrugasa clasificaríase matematicamente para disputar a ??Final a 4? que da dereito ó ascenso ós 2 mellores equipos.

– Infantil Masculino: sabado as 10 da maña en Pontevedra, contra o C.B. Pontevedra.

– Infantil Femenino: Sábado ás 11 na Illa de Arousa contra o Dorna.

– Alevin femenino: Sábado ás 12.30 h. na Illa de Arousa contra o Dorna.

(Onte xoves as nenas alevíns gañaron en casa do Cortegada 28 -44, levando 14 partidos consecutivos gañados).

HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NESTA FIN DE SEMANA

Estes son os partidos que se van disputar esta fin de semana:

Venres 11.

As 18.30 h. no pabellon de Cordeiro -> Infantil femenino:  Extrugasa Rio Ulla – Cortegada

As 19 h. en Pontevedra -> Infantil masculino:  Xunqueira – Extrugasa Rio Ulla

Sabado 12

As 10 h. en Pontevedra: -> Alevin Masculino: CB Pontevedra – Extrugasa Rio Ulla

Ás 16.45 h. en Pontecesures -> Infantil Masculino:  Extrugasa Rio Ulla – CB. Grove 

Domingo 13

Ás 16.30 h. en Carril: Infantil Femenino: Cortegada – Extrugasa Rio Ulla

Esta semana non xoga o senior, pois tocáballe xogar en A Lama, e xa xogaran o Xoves Santo. E ante a falta de arbitros foi imposible recuperar algún dos 3 partidos aprazados; ó ter prioridade as ligas de infantís e cadetes, que teñen que rematar estes dias.