Este vindeiro luns día 3 de setembro o equipo senior empeza os seus adestramentos da temporada 2007-08, ca ilusión de facer unha boa campaña un ano mais. Para ese dia están citados no polideportivo cesureño os 8 xogadores da temporada pasada que permanecen: Gulli, Peñaño, Pedro, Diego, Pepi, Santi, Felipe e Arturo, mais o recuperado Pino. A estes 9 xogadores vanse unir 4 ou 5 xogadores procedentes do equipo xuvenil, dos cais 3 farán ficha a finais de setembro, cando o corpo técnico decida a composición definitiva da plantilla. Por diante espera un mes de setembro de 3 entrenamentos semanais (nun principio luns, mercores e venres), para a finais de mes empezar a disputar os primeiros partidos de pretemporada.
Basket Río Ulla
¿QUE NOVAS ESCONDERÁN ESTES 2 «PERSOEIROS»?
¿ Cal dirá proximamente «si quiero» ?, ¿e cal está co curso «prepapá»?. Pronto mais novas…
Concello
ALGUNHAS IMÁXENES DO XOVES DA FESTA DE PORTO
Pois o pasado xoves deu para unhas cuantas fotos:
O Santo na de Vieites.
Os gaiteiros e bailaríns de «Algueirada» amenizando a espera dos mexilóns…
A charanga Apeles poñendo a sua parte para que a carallada fose maior…
Mexilóns a fartar, e que vos estaban…(os mexilóns).
Carallada…
E mais carallada…
En Porto non faltou a carallada…
¿Conseguiria o permiso para quedar ata o final da festa?…
Cultura
MERCORES DE FESTA EN PORTO
Onte mécores houbo competición de dragóns, gañando os de sempre:
Basket Río Ulla
CELEBROUSE O VIII ANTICAMI?O DE SANTIAGO
O pásado sábado día 11 celebrouse por oita vez consecutiva, unha nova edición do anticamiño de Santiago.
Composto na súa maioria polos xogadores do C.B Pontecesures de basket e algún que outra «perxonaxe», marca este feito o comezo da tempada de baloncesto para o equipo xenior. Continua así unha tradicción que data do ano 1999, cando Xoxó Abalo, Fernando Peñaño, Chus Abalo e Roberto M. Camoiras «Sapo», fundadores orixinais da idea e do anticamiño de Santiago, comezaran o que co tempo se convertiría nun ritual de obligado cumprimento, tódolos agostos dos posteriores anos.
Este ano, a pesar da falta dos irmáns Abalo Piñeiro e do Carlos o Xurelo, culminaron a viaxe sete amigos, sete compañeiros, unha camiñata que comezou en Santiago ás doce do mediodía e rematou, logo de 27 «repostaxes» , na Adega a Pía (a pesar de Canducho) ás dúas da mañá, onde degustaron un dos seus excelentes «manxares».
Foron moitos os ánimos que recibiron, durante e despois da viaxe por parte da xente que os arengaba. Xa se está a preparar unha nova edicción, a IX do 2008, na que se espera e invita a todo o que queira participar no que cos anos se convertirá nun importante evento, se non o é xa.
Cultura
LUNS DO CARMEN: FESTIVAL FOLCL?RICO A CARGO DE ALGUEIRADA E XARANDEIRA.
O luns das festas do Carmen celebrouse outro evento xa tradicional no programa das festas: o festival folclórico, a cargo do grupo da ANPA Algueirada, e de Xarandeira, ambos do Concello, os cais actuaron desinteresadamente, algo de agradecer.
Foi primeiro Algueirada o que abriu o festival cunha serie de pezas e temas folclóricos.
Esta adicada a quen ela sabe 😉 polo estilo que ten. ¡Ese arte!
Ambas agrupacións remataron as suas intervencións poñendo a bailar a parte do público que se dou cita na Prazuela para o festival.