Fotos da Boda de Raquel e Felipe (últimas)

Poño unhas poucas fotos mais adicadas a esta parella de recen casados que deben estar de viaxe…

Foto familiar 

 O tradicional «corte» da tarta nupcial…

 O inicio do baile…

 

Todo un persoeiro este PRESI…

 Abrazo de irmáns con brindis incluido… 😉

e bailando…

Recibindo presentes tradicionais dos Pirineos…

O dito, boa viaxe e ata que nos vexamos!

Fotos dun casamento (1ª Parte)

Bueno, coma contaba o outro día, casou Felipe Miguéns (Fli), o de Porto.

Imos poñer algúnha foto do casamento, e desexarlle boa viaxe os noivos…

Chegada da noiva á Igrexa

Momento central do casamento, ca posta das alianzas…

 Os noivos cos seus respectivos pais…

Os de Cesures dando a «talla», (sobre todo Gustavo) 

Desayuno de campeóns (menudos 4 elementos)

Cumpreanos feliz………….. 

Gustavo rodeado de «culebras»…

Bueno, pois eso… saudos á nova parella, que sexan felices e tal e cual..

Mañá casa Felipe Miguéns Gasamanes «Fli»

Quen o ia decir! Imos caendo coma moscas… mañán tocalle o turno a Felipe, o irmán de Gustavo e os xemelos de Porto.

O tema é que veu casar á montaña…, pero á montaña de verdade. OS PIRINEOS.

Resulta que botou moza (a guapa Raquel) un vran e a rapaza ten familia na recta de Campaña, pero os pais residen en Pont de Suert, pobo de 2000 hab. da provincia de Huesca, cerquiña de Andorra, enmedio da nada (ou do monte).

E ata aqui nos trasladamos os irmán, seu primo Yel Barreiro (O PRESI) e este menda. Onte á noite tivemos unha «despedida» no único bar que estaba aberto, e resulta que, logo, había DISCOTECA… a que se montou!!! Inda que o crack foi coma non o PRESI, que non parou en toda a noite. E esta promete, pois chegaron as amigas da noiva e imos quedar de novo pra «tomar algo» que mañán hai que poñerse guapos e acompañar a Felipe no seu casamento.

Sorte ós 2, Raquel e Felipe. 

Pronto poñerei fotos…

Inicio doutra tempada do Club Baloncesto Río Ulla

Nestes dias arranca a temporada 2006-07 para os distintos equipos do club de baloncesto. Os senior e xuvenís levan dende o luns entrenando polas noites. Onte martes os equipos cadetes e infantís iniciaron os seus adestramentos, e os equipos femeninos o farán este venres pola tarde. Tan só os alevíns quedan ata principios de outubro, pois a sua liga empeza cara finais de novembro.

Nos vindeiros dias faremos unha nota pública para que aqueles nenos e nenas que estean interesadas en formar parte do club, se incorporen os adestramentos.

Esperemos que o campeonato do Mundo logrado pola selección española anime ós nenos/as e mozos/as a apuntarse a este deporte.

Asimesmo, esperemos facer desta páxina a nosa ventana ó mundo. Así temos pensado poñer as plantillas cando estean conformadas, resultados semanais, e calquera noticia que o club xenere, pois somos sobre 80 persoas as vinculadas ó deporte da canasta en Pontecesures.

 

SABADO 9 DE SETEMBRO FESTA DA BICICLETA 2006

O Concello de Pontecesures organizou outro ano mais, e coincidindo ca volta ó cole dos cativos, unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita será o vindeiro sábado día 9, e a hora de inicio da mesma a partir das 17.30 h na Plazuela, lugar de saida do percorrido, polo que se recomenda ós participantes estar a partir das 5 da tarde na Plazuela.

Esta Festa ten un caracter puramente lúdico, non habendo ningún tipo de competición, senón que se trata de dar un paseo por Pontecesures «escoltados» por Proteccion Civil e a Policia Local, para non ter problemas co tráfico de vehículos.

Ademais colabota na organización desta Festa a Deputacion provincial, ca entrega dunha serie de obsequios que se fan nun sorteo ó rematar a carreira, así coma os trofeos para os participantes mais novos e de mais idade.

Xa o sabedes, animádevos a participar.