Creo que poucos quedamos en Cesures que devoremos todas e cada unha das noites de fin de semana deste pobo desde fai case tres lustros e, a pesar diso todo o que oio, leo ou escoito estes días paréceme totalmente surrealista. Opinar grazas a deus é libre, o difícil é acertar.
Desde aquí a miña particular visión deste problema, tomándome a liberdade, xa que equivocarse, tampouco parece delito.
Totalmente en desacordo en primeiro lugar cos que desde aquí intentaron atacar a determinados sectores políticos, en particular a Luis Angel Sabariz Rolán, á presenza da garda civil ou a case todo do que se dixo.
Incidentes e problemas hóuboos, hainos e haberaos, pero sempre causados por unha minoría.
Desgraciadamente estas minorías, por ruidosas que son, fanse notar máis que a xente que sae tranquilamente a disfrutar no noso pobo, e hai quen que se serven deles para, gratuitamente, perxudicar negocios, postos de traballo,e a dignidade dos que vivimos dun sector que axudou a que moitos se puidesen gañar a vida neste pobo. Penso que falo con coñecemento de causa.
Os danos que a hostalería poida ocasionar ao descanso dos veciños, deben de ser solucionados con premura, pero primeiro analizando entre todos, hostaleiros, representantes políticos e todos aqueles que teñan algo que achegar o que sucede, e logo buscarlle unha solución.
Sempre existen formas para conciliar descanso e diversión.
En Pontecesures, carreiras clandestinas, NADA DE NADA, e de existir, perfectamente organizadas de forma que ninguén pode dar probas da súa existencia. Si que algún que outro incontrolado, ruidoso é verdade, pero nunca merecedor do despregamento policial que vivimos sobre todo o Venres, custeado co diñeiro de todos os contribuíntes, (que isto tamén é de todos como o mobiliario urbano), nin dos titulares de prensa que non fan máis que danar a imaxe deste pobo e crear unha moi equivocada. Isto só axuda a empeorar a crise que o sector está sufrindo desde fai anos.
A presenza policial é existente e necesaria, en contra dos que moitos opinan, pero para atacar os problema de raiz, de forma estudiada, non para facer un despliegue un venres á noite, superando o número de efectivos de tráfico ao número de visitantes no concello, buscando unhas carreiras clandestinas que non existen.
Quédome coas declaracións que recolle a prensa de hoxe da garda civil, moi acertadas :«Non hai carreiras; un par de descontrolados con coches baratos, iso si, un Panda, pero non podemos deixar que vaia a máis». Estas son as declaracións de quen coñece a realidade do noso pobo.
O resto é falar a treo, e desde aquí a miña particular versión para quen queira axudar a eliminar os problemas existentes, se é que a miña experiencia durante quince anos no foco do problema pode axudar máis que os que din que lle dixeron que escoitaran.
Chamemos ás cousa polo seu nome e actuemos consecuentes coa noticia e cos prexudicados.
Un saúdo.