Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

I Feira de Abril en Pontecesures

Por Javier F. ·

p(centrado). I Feira de Abril en Pontecesures

Un grupo de empresarios do sector da hostelería de Pontecesures tomarón a iniciativa de agruparse para intentar reactivar o sector no pobo, e tratar de melloralo en calidade de servizo o cliente.

Con este fin formaron a ASOCIACIÃ?N DE HOSTELERÍA DE PONTECESURSES.

Queremos dende aquí facer un chamamento a todo o sector pra animalos a formar parte dunha asociación que nace ca idea fundamental de agrupar o número máximo de socios.

Entre as primeiras iniciativas contamos ca celebración o vindeiro día 28 da I Feira de Abril en Pontecesures, será a partires das seis da tarde no muelle, e contaremos con diversas actividades folclóricas, actuacións de grupos rocieros, gran presencia cabalar, e sobre todo moitas ganas de festa.

Animamos tamén a tódolos veciños e visitantes de Pontecesures a participar e disfrutar desta xornada.

Invitamos tamén a todos a acudir vestidos pra ocasión, xunto con todos nos, membros dos establecementos, camareiros, amigos, e tódolos veciños con ganas de pasalo ben.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.