Curso de Emprego doméstico para menores de 30 anos en Valga.
O Concello de Valga, a través da Consellería de Traballo e Benestar, porá en marcha un novo curso de formación, neste caso dirixido a aquelas persoas do municipio que sexan menores de 30 anos. Trátase dun taller de Emprego doméstico e os interesados deberán estar inscritos nas oficinas do INEM para poder realizalo.
Se quedan dormidos en un camión y chocan contra una rotonda en Padrón.
Según narró el propio conductor del camión, que transportaba pescado, ambos ocupantes se quedaron dormidos mientras circulaban y colisionaron contra una rotonda en la carretera N-500, a la altura de Pazos.
Hasta el lugar se desplazaron efectivos de la Guardia Civil de Tráfico y el GES de Padrón, así como mantenimiento de carreteras, dado que la colisión provocó que se derramase aceite del vehículo sobre la carretera. Servicios sanitarios de emergencia atendieron a los dos heridos.
La Voz de Galicia
Cortados dos pasos bajo la vía férrea en Valga.
Las fuertes lluvias ya están dejándose notar en Valga, un municipio muy vulnerable a las inundaciones. Esta mañana, lo operativos de emergencias tuvieron que cortar al tráfico dos pasos bajo la vía del tren, además de señalizar varias carreteras secundarias en las que se habían formado grandes bolsas de agua. Además, el GES está pendiente de ríos que, como el Valga, suelen anegar importantes zonas.
La Voz de Galicia
O pleno extraordinario sobre os badéns elevados será o 28 de outubro ás 12 horas.
O pleno extraordinario solicitado pola oposición sobre os badenes elevados nas rúas centrais será o 28 de outubro ás 12 do mediodía no Salón de Sesións da Casa do Concello de Pontecesures co punto único seguinte:
“Constitución dunha comisión de estudo de seguridade vial nas rúas Portarraxoi, San Lois e Sagasta”
Á ACP parécelle lamentable que o pleno solicitado pola oposición sobre os badenes elevados teña lugar en horario de mañá.
Para as doce horas do día 28 de outubro convocou o alcalde de Pontecesures o pleno extraordinario instado polos cinco concelleiros da oposición (2 PP, 2 IP e 1 ACP) o 11 de outubro pasado para tratar de que se non se leve a cabo a obra de elevación dos catro badéns elevados que pretende construir o goberno local no centro da vila (rúas Portarraxoi, San Lois e Sagasta), creándose unha comsión de seguridade viaria co fin de estudar posibles alternativas a esta iniciativa que rexeita a práctica totalidade dos comerciantes locais e moitísimos veciños (foron presentadas 582 sinaturas en contra do proxecto).
Pois ben. en lugar de dar facilidades para que asistan á sesión comerciantes e veciños, fíxase o pleno nun día laborable a media mañá, co fin de que non se coñeza o debate sobre este polémico punto que é moi importante para todos. O goberno local agóchase sen consensuar nada como de costume.
Pero ademais, tampouco se facilita á aistencia ao pleno dos concelleiros da oposición que teñen os seus traballos á marxe do concello. Hai que pedir horas libres para asistir a unha sesión cando se pode fixar perfectamente o pleno pola noite como se fai nos plenos ordinarios.
Aínda por enriba de ter que soportar que cos fondos do concello, os fondos de todos, haxa que sufragar as retribucións por dedicación exclusiva de tres dos membros do goberno municipal, fíxanse este tipo de actos en horario laboral de mañá para impedir a asistencia do público. Convócanse para celebrar no horario de traballo dos concelleiros das exclusivas e o público e os demais concelleiros a fastidiarnos.
En lugar de fomentar a participación cidadá e de dinamizar a vida política prefire o alcalde e o seu equipo que a veciñanza teña moi pouca información do que pasa no concello. Lamentable.
Pontecesures, 16/10/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures