José Barreiro Luaña presenta o seu último libro hoxe en Valga.

Memorias y Sueños. En las riberas del Bajo UllaAs 19 horas do día de hoxe, 5 de outubro, na Casa de Cultura de Valga terá lugar a presentación do libro “Memorias y sueños. En las riberas del Bajo Ulla”, editado por 3C3 (pertence á colección Céltigos), co apoio do concello de Valga.

Ambientada no tramo final do río Ulla, na novela mestúranse conflitos sociolaborais, amor e desamor, e complexas relacións sociais e persoais. ? o segundo libro que edita este autor autodidacta, gran lector e admirador de Valle-Inclán. Ten inéditas obras narrativas e ensaísticas, en galego e en castelán. O libro leva ilustracións da pintora Cristina Durán Arufe.

Masiva asistencia de nenos/as do CPI Pontecesures a actividade extraescolar de natación.

Superando tódalas previsións, 58 nenos/as do CPI Pontecesures inscribíronse na piscina de Padrón para esta actividade que comezou hoxe.

A ANPA reservara para esta actividade os xoves ás 17,45 horas, pero ante o gran número de nenos, foi necesario facer perante todo o día de hoxe varias xestións coa empresa concesionaria da instalación, para que varios nenos/as puderan asistir na sesión das 17 horas en lugar da das 17,45 horas.

(máis…)

Horarios da “Ximnasia de mantemento para adultos/as”.

Organizada polo Concello de Pontecesures estase a levar a cabo no Pavillón Polideportivo Municiapl a actividade de referencia co seguinte horario semanal:

* Os luns de 9,15 a 10,45 horas.
* Os martes de 20,00 a 21,00 horas.
* Os mércores de 9,15 a 10,45 horas.
* Os xoves de 20,00 a 21,00 horas.
* Os venres de 9,15 a 10,45 horas e de 20,00 a 21,00 horas.

Todos/as aqueles interesados/as poden anotarse calquera destos días e nos horarios indicados no propio pavillón falando co monitor que imparte a actividade.

O equipo cesureño “Joyería Riveiro” de fútbol veterano vai de 6º clasificado no seu grupo.

No Grupo 4º das Ligas de Fútbol Veterano de Pontevedra, o “Joyería Riveiro” ocupa o 6º posto:

table(tabla).
|_>. Posición |_. Equipo |_>. Puntos |
|>. 1 | La Verga |>. 10 |
|>. 2 | Xocas |>. 10 |
|>. 3 | A Rula Añargal |>. 9 |
|>. 4 | Verducido |>. 9 |
|>. 5 | Deportivo Cobres |>. 7 |
{background: #ffffcc;}. |>. *6* | *Joyería Riveiro* |>. *7* |
|>. 7 | Bueu |>. 6 |
|>. 8 | Dena |>. 6 |
|>. 9 | Salcedo |>. 6 |
|>. 10 | Tenorio |>. 5 |
|>. 11 | Rápido Bahía |>. 4 |
|>. 12 | O Verduxo |>. 4 |
|>. 13 | Huracán |>. 3 |
|>. 14 | Vilalonga |>. 1 |
|>. 15 | V.T. Monteporreiro |>. 1 |
|>. 16 | San Antoniño ACD |>. 0 |
|>. 17 | Beluso |>. 0 |

Fonte: LA VOZ DE GALICIA 04/09/07

Para os celtistas cesureños: Stoichkov, el entrenador que no entrena.

Columna de Fernando Hidalgo en la contraportada de “LA VOZ DE GALICIA” 04/10/07

El presidente del Celta, Carlos Mouriño, puede encontrarse en breve con un dilema de cierta importancia. Si el equipo celeste, que ha comenzado titubeante la Liga en Segunda División, no repunta con rapidez, sonará en su cabeza el ruido de sables previo a la destitución de un entrenador. Normalmente, el dilema es saber qué técnico sustituirá al anterior. En el Celta, el asunto puede presentarse más complejo.
El presidente celeste ha reconocido que Stoichkov no es quien dirige los entrenamientos del equipo. Dice que los supervisa; que el Celta funciona a la inglesa y que la figura del ayudante se deja ver más que la del titular del banquillo. Lo cierto es que, así las cosas, Antonio López, el segundo entrenador, es la referencia táctica y de casi todo para la plantilla. Si las cosas siguen mal, ¿a quién echará Mouriño?