Celébrase mañá, a partir das 19 horas no peirao a V Edición destas regatas de dragóns “Trofeo Electrónica Couselo”.
Estes dragóns que son unha especie de “trainerilla”, van levar dez remeiros/as e un timonel que é o patrón da embarcación todos eles mirando para adiante no sentido da marcha. As veces tamén vai animando un neno/a na proa como detalle gracioso.
Na categoría feminina haberá unha final directa con tres embarcacións: Solteiras, Casadas e Xuvenís.
Na categoría masculina participarán seis embarcacións: Solteiros, Casados, Xuvenís, 2 equipos do Club Náutico e u equipo con homes de todo o municipio. Haberá dúas semifinais con tres embarcacións cada unha e clasificaranse para a final os dous gañadores e o mellor segundo en función dos tempos.
O percorrido da regata e de 600 metros aproximadamente.
Os equipos están adestrando a fondo nestes días con gran interese.